Jay W. Johnson

xornalista e político estadounidense


Jay Withington Johnson, nado en Bessemer, Míchigan, o 30 de setembro de 1943 e finado en Bristow, Virxinia, o 17 de outubro de 2009, foi un político e xornalista estadounidense, membro da Cámara de Representantes por Wisconsin de 1997 a 1999, e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 2000 e 2001.[1]

Infotaula de personaJay W. Johnson

Jay W. Johnson
Directora da US Mint (2000-2001)
Membro da Cámara de Representantes (1997-1999)


Biografía
Nacemento30 de setembro de 1943
Bessemer.
Míchigan.
Morte17 de outubro de 2009 (66 anos)
Bristow.
Virxinia.
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaStonewall Memory GardensManassas, Virxinia. 
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
7 de xaneiro de 1997 – 3 de xaneiro de 1999

Circunscrición electoral: Wisconsin's 8th congressional district (en) Traducir

Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 1997 – 3 de xaneiro de 1999
Membro
Membro
Presidente
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense.
Educación Universidade Estatal de Míchigan.
Actividade
Lugar de traballo Washington, D.C. Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico e xornalista dos EEUU.
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 43287836 Editar o valor em Wikidata

Tamén presentou os informativos nas canles WFRV-TV e WLUK-TV en Green Bay, Wisconsin.

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Johnson naceu en Bessemer, Míchigan, o 30 de setembro de 1943, e cursou o seu ensino secundario na Bessemer High School. Posteriormente acadou un grao técnico en Locución no Gogebic Community College en 1963 e o título superior (Bachelor of Arts ) en Locución na Universidade do Norte de Míchigan, en 1965. En 1970 obtivo o seu mestrado en Artes da Radio e da Televisión, na Universidade Estatal de Míchigan.[2][3]

Carreira profesional

Comunicación

Johnson era veterano da Guerra de Vietnam e entre 1966 e 1968 exerceu como especialista en información do Exército dos Estados Unidos.[2]

Nesa época tamén colaborou e foi membro do consello directivo de diversas organizacións sen ánimo de lucro, como Easter Seals of WI, Libertas, United Way of America, e asociacións de axuda a afectados pola violencia familiar ou por doenzas como a distrofia muscular.[2]

No ámbito do xornalismo civil, Jay W. Johnson traballou desde 1964 como locutor e xornalista en Míchigan, Indiana e Florida, antes de se establecer en Green Bay, Wisconsin, onde traballou durante 16 anos nas cadeas de televisión WFRV-TV (1980-1986) e WLUK-TV (1987-1996).[3]

Política

En 1996, Johnson foi elixido representante do oitavo distrito de Wisconsin, polo Partido Demócrata, no Congreso dos Estados Unidos, e logo dun mandato foi derrotado polo membro da Asemblea Estatal de Wisconsin Mark Green, en 1998,[3] polo que só permaneceu no Congreso ata o 3 de xaneiro de 1999.

En agosto de 1999, Johnson foi nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos polo presidente Bill Clinton,[3] en substitución de Philip N. Diehl, e foi confirmado polo Senado en maio de 2000. Ocupou o seu cargo durante pouco máis dun ano, xa que en agosto de 2001 o novo presidente nomeou a republicana Henrietta H. Fore como directora da ceca pública.

Comercio numismático

Logo do seu cesamento na US Mint, Johnson traballou por conta propia no sector do comercio por xunto de moedas de colección e converteuse no numismático principal da ceca privada The Franklin Mint.[4] O 29 de xuño de 2009, a corporación Goldline International, Inc., dedicada ao comercio numismático e de metais preciosos, anunciou que Johnson exercería a partir de entón como voceiro da compañía.[5]

Recoñecementos

  • (1988): Premio ao servizo dos Antigos Alumnos, Universidade do Norte de Míchigan.[6]
  • (1988): Premio ao Cidadán Sobresaliente, da loxa masónica Washington 21.[3]

Vida Familiar

Jay W. Johnson estaba casado con JoLee Johnson[3] e tiña dous fillastros.[2]

O 17 de outubro de 2009, Johnson morreu na súa residencia familiar de Bristow, en Virxinia, aparentemente por un ataque ao corazón.[3][7][8] O seu corpo foi sepultado no cemiterio Stonewall Memory Gardens, no condado Prince William, de Virxinia.[9]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Philip N. Diehl

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

2000 - 2001
Sucesor:
Henrietta H. Fore