John Rutherford

escritor británico

John David Rutherford, nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra) o 8 de agosto de 1941[1][2], é un galicianista e hispanista inglés, profesor de lingua e literatura española e lingua e literatura galega, tradutor ao inglés destas linguas, novelista e académico, destacado por ter promovido o coñecemento da cultura galega, especialmente da súa literatura.

Infotaula de personaJohn Rutherford

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Hertfordshire, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónWadham College (en) Traducir
Haberdashers' Aske's Boys' School (en) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , escritor , tradutor , crítico literario , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Xubilado no 2008, é Profesor Emérito (Emeritus Fellow) de lingua e literatura españolas no Queen's College da Universidade de Oxford.

Ten fonda relación con Ribadeo, de onde dixo 'eu entrei na vida de verdade en Ribadeo'[2].

Traxectoria

Ruherford fixo os seus primeiros estudos na Haberdashers' Aske's Boys' School (unha escola privada). Desde a súa época de estudante universitario estivo vinculado á Universidade de Oxford: comezou os seus estudos de español no Wadham College, antes de ir, en 1969 ao Saint Anthony's College, aínda que xa empezara ditando un relatorio no Queen's College o ano anterior.[3]

Doutorouse pola Universidade de Oxford en 1969 coa tese Mexican Society during the Revolutión: A literary approach (Oxford University Press, 1971).[4]

Foi Praelector en español,[5] Laming Resident Fellow e secretario do Laming Committee.[6]

Profesor do Queen's College da Universidade de Oxford dende 1968, alí creou, en 1991, o Centro de estudos galegos desta universidade, dirixíndoo ata a súa xubilación.

Así mesmo, coordinou o Obradoiro de Tradución Galego-Inglés do Queen's College, que traduciu e publicou unha escolma de textos de Méndez Ferrín (Them and other storys, 1996) e Cousas de Castelao (Things, 2000). Outros autores traducidos, que aínda non viron a luz en formato libro, son María Mariño, Carlos Casares, e Eduardo Blanco Amor, entre outros. Neste Obradoiro, ademais do propio profesor Rutherford, participaron Benigno Fernández Salgado e Xelís de Toro, entre outros.

Foi vicepresidente (1991-1994) e presidente (1994-1997) da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

No mundo do hispanismo é coñecido por ser autor da tradución inglesa de dous clásicos da literatura española: La Regenta e O Quixote.[7]

No ano 2001, a través do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo publicou Breve historia del pícaro preliterario, defendendo a orixe galega deste personaxe da literatura española. Ademais, publicou unha novela en galego, As frechas de ouro (Vigo: Galaxia, 2004), un libro de viaxes novelado sobre o Camiño de Santiago,[8] posteriormente traducida ao castelán, Las flechas de oro (León: Lobo Sapiens, 2013).

É habitual velo en Ribadeo, onde coñeceu a súa esposa, Tita, en 1959, e coa que casou, na igrexa parroquial, en 1964.[9] Pasa moitos dos seus veráns nesa vila. Alí participa na rondalla estival e foi o animador das Xornadas 'Mar por medio', que levan editándose na vila dende o ano 1992, procurando a relación da cultura galega co exterior alén o mar, tanto coas illas Británicas (sobre todo) como con Norteamérica.

Principais obras literarias

Obras propias

  • 1974 - Leopoldo Alas: La Regenta. Londres: Thamesis Books. ISBN
  • 1988 - La Regenta y el lector cómplice. Murcia: Universidad de Murcia. ISBN 84-7684-125-6.
  • 2001 - Breve historia del pícaro preliterario. Vigo: Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-187-4. tamén existe versión en español: Breve historia del pícaro preliterario. Vigo: Universidade de Vigo.[10]
  • 2008 - O fermoso sorriso do profeta Daniel. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-72-4.
  • 2016 - The Spanish Golden Age Sonnet. University of Wales Press. ISBN 978-17-83168-96-5

Obras editadas

  • 1991 - Actas do I Simposium de estudios galegos = Proceedings of the 1st Oxford Conference on Galician Studies. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística.
  • 2005 - The Blue Papers. Oxford: Oxford Centre for Galician Studies. (1 vol.)
  • 2007 - Galician Review. Oxford, Birmingham: Oxford Centre for Galician Studies, Birmingham Centre for Galician Studies. (6 vols.)

Traducións

Obras de creación

  • 2004 - As frechas de ouro. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-757-9.
  • 2013 - La flechas de oro. León: Editorial Lobo Sapiens.[11]

Outros

Xurado dos Premios Nacionais da Cultura 2008.[12]

Honras e distincións

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: