Karl Ferdinand Braun

Karl Ferdinand Braun, nado en Fulda, Alemaña, o 6 de xuño de 1850 e finado en Nova York o 20 de abril de 1918, foi un físico, inventor e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1909.

Infotaula de personaCarl Ferdinand Braun Premio Nobel

Carl Ferdinand Braun
Nome orixinal(de) Karl Ferdinand Braun Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1850
Fulda (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1918 (67 anos)
Estados Unidos de América Estados Unidos Nova York
Lugar de sepulturaAlter Dompfarrlicher Friedhof (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAlemaña Alemaña
País de nacionalidadeAlemaña alemán
EducaciónUniversidade de Marburgo, Universidade de Berlín
Director de teseAugust Kundt (pt) Traducir e Georg Hermann Quincke (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoelectromagnetismo
Lugar de traballo Tubinga
Marburgo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , inventor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Universidade de Karlsruhe (pt) Traducir
Universidade Philipps de Marburgo
Universidade de Würzburg Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosLeonid Mandelstam (pt) Traducir e Jonathan Zenneck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoLeonid Mandelstam (pt) Traducir, Richard Gans (pt) Traducir, Godfrey Thomson (pt) Traducir, Godfrey Thomson (pt) Traducir e Alois Wuest (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAmélie Bühler
IrmánsPhilipp Braun (pt) Traducir e Wunibald Braun (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física en 1909

Musicbrainz: c9bf1ea2-b4ff-4324-ac30-04ced26ecf7c WikiTree: Braun-1581 Find a Grave: 198629408 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Estudou na Universidade de Marburgo e doutorouse en 1872 pola Universidade de Berlín. Foi profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tubinga. Chegou a ser director do Instituto de Física da Universidade de Estrasburgo en 1895.

Investigacións científicas

En 1874, Braun observou que certos cristais semicondutores actuaban como rectificadores, convertendo a corrente alterna en continua, permitindo o paso da corrente nunha soa dirección. Debido a este descubrimento, inventou o receptor de radio de transistores a finais do século XIX.

En 1897 construíu o primeiro tubo de raios catódicos que utilizou para desenvolver o primeiro osciloscopio adaptando os raios catódicos, de tal de maneira que o chorro de electróns do tubo se dirixa cara a unha pantalla fluorescente por medio de campos magnéticos xerados pola corrente alterna. Desde 1898 tamén traballou na telegrafía sen fíos, inventando o rectificador de cristal. Guglielmo Marconi admitiu tomar prestada" a patente de Braun.

En 1909 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Marconi, polas súas contribucións ao desenvolvemento da telegrafía sen fíos e especialmente polas melloras técnicas introducidas no sistema de transmisión (circuítos resonantes magnéticamente axustados).

Braun foi aos Estados Unidos ao comezo da primeira guerra mundial para axudar a defender a estación alemá de telegrafía sen fíos de Sayville dos ataques da British Marconi Corporation. Morreu na súa casa de Brooklyn antes do final da guerra en 1918.

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: