Lago Issyk-Kul

O lago Issyk-Kul, tamén chamado Ysyk Köl (en kirguiz: Ысык - Көл; en ruso: Иссык-Куль) é un lago endorreico de Asia Central, situado no límite nororiental do Tian Shan, ao nordés de Kirguizistán. É o sétimo lago máis profundo do mundo, o décimo con maior volume e o segundo lago salgado tralo mar Caspio. Issyk-Kul significa "lago quente" en kirguiz; aínda que está arrodeado de picos nevados, nunca xea.[4]

Lago Issyk-Kul
Lago Issyk-Kul
Beira sur en 2005
PaísKirguizistán
Coordenadas42°25′N 77°15′L / 42.417, -77.25077°15′L / 42.417, -77.250
Superficie6236 km²
Capacidade1738 km³[1][2] hm³
Lonxitude178 km
Ancho60.1 km
Conca fluvial15 844 km²
Cota1607 m[3] msnm
Costa669 km[3] km
Profundidade668 m[2][3] m
Prof. media278,4 m[3] m
TipoLago endorreico
Lago de montaña
Illas26
CidadesCholpon-Ata, Karakol

Xeografía

Ten unha lonxitude de 182 km, e un largo de 60 km, cunha superficie total de 6280 km², que o converten no segundo lago de montaña máis grande do mundo, despois do lago Titicaca. A súa altura media é de 1609 metros sobre o nivel do mar e a súa profundidade máxima é de 702 m. Ocupa unha conca pechada de orixe tectónica.

O lago é levemente salino, e permanece libre de xeo durante o invierno. É alimentado por mananciais e polo desxeo na primavera. A súa beira sur está dominada pola cordilleira o Tian Shan.

Turismo

Durante a era soviética, o lago converteuse nun popular destino de vacacións, con numerosos sanatorios e casas de vacacións na beira norte, moitas concentradas na cidade de Cholpon-Ata e os seus arredores. Entrou en decadencia coa disolución da Unión Soviética, mais posteriormente volveron abrirse complexos hoteleiros e casas para alugar.

Historia

Lápida nestoriana con inscricións en uigur atopada en Issyk-Kul, datada en 1312

O lago Issyk-Kul era unha parada da ruta da seda que unía extremo oriente e Europa. O lago foi propiedade da dinastía Qing da China e posteriormente cedido a Rusia xunto que territorio circundante tralo tratado de Tarbagatai. Moitos historiadores cren que o lago foi o punto de orixe da peste negra que asolou Europa e Asia a principios e mediados do século XIV.[5]

Segundo un mapa medieval empregado por mercadores venecianos da ruta da seda, na beira nordeste do lago existía un mosteiro armenio do século XIV.

O nivel do lago é 8 metros máis alto que na Idade Media. En 2007, unha expedición atopou baixo as súas augas restos dunha cidade duns 2500 anos de antigüidade.[6][7]

En 1916 o mosteiro de Issyk-Kul foi atacado por rebeldes kirguiz que asasinaro sete monxes.[8]

Durante a época soviética, as súas augas, cunha salinidade comparable á do océano, serviron como base secreta de experimentación con torpedos.[9]

Medio natural

A troita de Sevan, un peixe endémico do lago Sevan en Armenia, foi introducida no lago Issyk-Kul durante a década de 1970. Se ben no seu lago de orixe é unha especie en perigo, ten maiores posibilidades de supervivencia no lago Issyk-Kul, onde está a desprazar as especies autóctonas.

O 12 de novembro de 2002, a Reserva Estatal Isyk-Kul foi designada como a primeira zona húmida de importancia internacional de Kirguizistán e foi incluído na listaxe Ramsar (n.º ref. 1231), cunha área de protección de 623 600 ha (anteriormente, o lago fora incluído pola antiga Unión Soviética, co n.º de ref. 109).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: