Laminarina

composto químico

A laminarina (tamén chamada laminarano) é un polisacárido de reserva formado por unidades de glicosa (un glucano), que se encontra nas algas pardas. Ditas algas utilízano como un carbohidrato alimenticio para o almacenamento enerxético do mesmo modo que o fitoplancto usa a crisolaminarina, especialmente entre as diatomeas.[1] Orixínase como resultado das actividades fotosintéticas da alga. Está formado por un glucano liñal con enlaces glicosídicos β(1→3) e β(1→6). Ten unha proporción β(1→3):β(1→6) de 3:1.[2] A súa hidrólise é catalizada por encimas como a laminarinase (EC 3.2.1.6) que rompe os enlaces glicosídicos β(1→3).[3]

Laminarina
Identificadores
Número CAS9008-22-4
PubChem439306
ChemSpider388438
Número CE232-712-4
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecular(C6H10O5)x
Masa molecularVariable

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Notas