Lavochkin-Gorbunov-Goudkov LaGG-3

O Lavochkin-Gorbunov-Goudkov LaGG-3 (Лавочкин-Горбунов-Гудков ЛаГГ-3) foi un caza soviético da segunda guerra mundial. Deseñouse debido a un requirimento de 1938 que pedía un novo caza, e o prototipo, denominado LaGG-1, voou en marzo de 1939. Era un dos cazas soviéticos máis modernos durante a invasión alemá en 1941.

LaGG-3
LaGG-3 nun museo de Moscova.
Tipocaza
FabricanteLavochkin-Gorbunov-Goudkov
Deseñado porV. P. Gorbunov
Primeiro voo30 de marzo de 1939
Introducidoprincipios de 1941
Retirado1944
Principais usuariosUnión Soviética
Produción1941 - 1942
Unidades construídas6 527

Comparado cos seus opoñentes, o LaGG-3 carecía de potencia suficiente e, a pesar da súa construción de madeira, tiña sobrepeso. Era pouco popular entre os pilotos soviéticos, aínda que chegaron a completarse 12 unidades diarias do modelo en certo momento, construíndose 6 527 exemplares cando a produción cambiou ao Yak-3 en 1944.[1] O LaGG-3 foi mellorado constantemente, formando a base para os La-5 e La-7 máis exitosos.

Deseño

O prototipo do LaGG-3, I-301, foi deseñado por Semyon A. Lavochkin, Vladimir P. Gorbunov e Mikhail I. Gudkov. Foi designado LaGG-3 na fase da produción en serie. A súa fuselaxe estaba case completamente feita en madeira, coas partes importantes tratadas con laca de baquelita. Este novo xeito de construción con madeira laminada era máis duradeiro que a madeira normal, era incombustible, e non aprodrecía. Era, porén, moito máis pesada e os pilotos bromeaban co nome do avión, dicíndo que en vez de ser un acónimo dos nomes dos deseñadores (Lavochkin, Gorbunov e Goudkov) "LaGG" representaba "lakirovanny garantirovanny grob" (ataúde varnizado garantido - лакированный гарантированный гроб). A á de madeira era igual que a do Yakovlev Yak-1. A única diferenza era que as ás do LaGG estaban construídas en dúas seccións. A fuselaxe era como a do MiG-3, pero o seu armamento era mellor. Estaba equipado cunha metralladora BK de gran calibre, instalada entre o "V" dos cilindros do motor, edúas metralladores ShKAS sincronizadas. En consecuencia o seu peso de fogo era de 2.65 kg/s, facendo ao LaGG superior a todos os cazas soviéticos de serie, e superando tamén ao Messerschmitt Bf 109 de 1941.

Variantes

  • Gorbunov 105 - Un LaGG-3 máis lixeiro cun rendemento e a visión traseira mellorados. Superaba a avións máis novos como o Lavochkin La-5.
  • LaGG-3IT - LaGG-3 da serie 66 cun canón NS-37.

Operadores

Alemaña
  • A Luftwaffe operou exemplares capturados para realizar probas. Un deles foi utilizado para unha película propagandística en 1943.[2]
Finlandia
Unión Soviética
Xapón
  • O Servizo Aéreo do Exército Imperial Xaponés operou un avión voado por un desertor ata Manchuria. Foi usado só para probas.[4]

Notas