Les Paul
Lester William Polfuss, coñecido como Les Paul, nado o 9 de xuño de 1915 e finado o 12 de agosto de 2009, foi un guitarrista de jazz, country e blues, compositor, lutier e inventor estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Lester William Polsfuss 9 de xuño de 1915 Waukesha, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 12 de agosto de 2009 (94 anos) White Plains, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Morte natural (Pneumonía ) |
Lugar de sepultura | Prairie Home Cemetery (en) Wisconsin |
Datos persoais | |
Outros nomes | Les Paul |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , guitarrista de jazz , locutor de radio , inventor , intérprete de banxo , fabricante de instrumentos musicais |
Período de actividade | 1928 - 2009 |
Xénero artístico | Jazz |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra e violín |
Selo discográfico | Capitol Records Columbia Records Decca Records |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Ford (1949–1964) |
Fillos | Lester George "Rusty" Paul Jr (en) |
Premios
| |
Páxina web | les-paul.com |
Biografía
Formación
Paul aprendeu por si mesmo a tocar a guitarra, e aínda que é coñecido principalmente polo jazz e a música popular, tivo unha carreira inicial na música country.[1]
Traxectoria musical
Nos anos 30 formou un grupo cun irmán de Chet Atkins, Rubard Reds & His Rubes, que logo sería o nome para un modelo de guitarra Les Paul[2][3]. Nos anos 40 tivo grande éxito colaborando coa industria cinematográfica en Hollywood. Na década de 1950, el e a súa muller, cantante e guitarrista Mary Ford, gravaron numerosos discos, vendendo millóns de copias.
Trátase dunha das figuras máis importantes no desenvolvemento dos modernos instrumentos eléctricos e técnicas de gravación de son. Foi un pioneiro no desenvolvemento da guitarra eléctrica de corpo sólido; a Gibson Les Paul, que el axudou a deseñar, é dos seus modelos máis famosos, da gravación multipista, e de varios efectos de reverberación e eco. Os seus primeiros experimentos coa overdubbing (tamén coñecida como son sobre son),[4] efectos de retardo (delay) como o retardo de cinta, o phasing e a gravación multipista foron dos primeiros en atraer atención xeneralizada.[5] Os seus licks, trills, as secuencias de chording, as técnicas de fretting e a sincronización distinguírono dos seus contemporáneos e inspiraron a moitos guitarristas actuais.[6][7][8][9] Tamén é un dos inventores do baixo eléctrico, aínda que existe controversia sobre iso, pois ao mesmo tempo estaban traballando sobre un instrumento similar Leo Fender e Paul Tutmarc[10].
Homenaxes
Entre os seus moitos honores, Paul é un dos poucos artistas cunha exposición permanente no Rock and Roll Hall of Fame.[11] O museo da música tamén o nomea de xeito destacado no seu sitio web como un "arquitecto" e un "integrante clave" con Sam Phillips e Alan Freed.[12] Paul é o único incluído tanto no Salón da Fama do Rock and Roll como no Salón da Fama dos Inventores Nacionais dos EEUU.
Notas
Véxase tamén
- http://www.lespaulfoundation.org Arquivado 11 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. Páxina oficial
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |