Licio Gelli

Licio Gelli, nado en Pistoia o 21 de abril de 1919 e finado en Arezzo o 15 de decembro de 2015, foi un financeiro italiano, fundamentalmente coñecido como mestre venerable da loxa masónica secreta P2[1][2] e a súa participación no escándalo do Banco Ambrosiano.

Infotaula de personaLicio Gelli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1919 Editar o valor em Wikidata
Pistoia, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Arezzo, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia respiratoria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1919–1946)
Italia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , emprendedor , poeta , financeiro , banqueiro , político , criminal Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Nacional Fascista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial e guerra civil española Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porobstrução da justiça (pt) Traducir
Fraude bancária (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm4144591 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Período fascista e a resistencia

Licio era fillo de Ettore Gelli, un rico terratenente orixinario de Montale, e de Maria Gori. Aos dezaoito anos Gelli partiu como voluntario para combater na Guerra civil española en axuda das tropas nacionais do xeneral Francisco Franco. En 1939 volveu a Italia, colaborou coa federación fascista de Pistoia, escribindo no seu semanario , Ferruccio, as súas experiencias na guerra e traballou para o Gruppo Universitario Fascista, aínda que só tiña estudos primarios. En xaneiro de 1940 publicou o seu primeiro libro, Fuoco! Cronache legionarie della insurrezione antibolscevica di Spagna. En xuño de 1942 como inspector do Partido Nacional Fascista, é o encargado da custodia ata Italia o tesouro do rei Pedro II de Iugoslavia, 60 toneladas de lingotes de ouro, 2 de moedas antigas, 6 millóns de dólares americanos e 2 millóns de libras esterlinas que o Servizio Informazioni Militare requisara, cano se restituíu o tesouro en 1947 faltaban 20 toneladas de lingotes que Gelli transferira á Arxentina[3]

A partir do 8 de setembro de 1943 adheriuse á República de Saló, converténdose en oficial de enlace entre o goberno fascista e a Terceiro Reich. Contra o final da guerra Gelli entrou no movemento partisano, participando en xuño de 1944 na liberación de prisioneiros políticos do cárcere de Ville Sbertoli[4]. Logo da liberación casou o 16 de decembro de 1944 con Wanda Vannacci, coa que tivo catro fillos.

1945-1980

Gelli estivo brevemente na cadea en 1945 e tras unha estadía na Arxentina volveu a Pistoia onde traballou como representante da Remington e nunha librería dedicándose tamén ao contrabando de tabaco[5]. Entre 1948 e 1958, Gelli foi asistente parlamentario do deputado democristián Romolo Diecidue por Florencia-Pistoia. En 1956 Gelli convértese en director de Permaflex en Frosinone, e é durante a súa dirección que se fixo unha sólida base económica e logrou reforzar os seus contactos con políticos democristiáns .[6]. Membro da masonería desde 1963[7] pasou logo á loxa “Hod” do mestre venerable Alberto Ascarelli, e promovido ao grao de “mestre”, alí coñeceu ao Gran Mestre do Grande Oriente de Italia Giordano Gamberini, que o inscribiu na loxa secreta P2[8]. En xuño de 1970, Lino Salvini, o novo Gran Mestre, delegou en Gelli a xestión da loxa P2, dándolle a facultade de iniciar a novos membros[9]. Estivo implicado[10] no Golpe Borghese, un golpe de estado fracasado previsto para decembro de 1970 e presuntamente tamén tivo relación coa Operación Glaudio, unha suposta estratexia de tensión en Italia baixo a cobertura da CIA e OTAN para contrarrestar a influencia comunista nos países de Europa Occidental[11][12][13][14].

Desde 1981

En 1981 a raíz do escándalo do Banco Ambrosiano a policía realizou un rexistro na súa vila e descubriu as súas conexións coa P2 e atopou unha listaxe de 962 persoas, militares, empresarios e políticos, relacionados coa loxa clandestina. Formouse unha comisión parlamentaria de investigación, dirixida por Tina Anselmi que non atopou evidencia de ilegalidades pero en 1981 o parlamento italiano aprobou unha lei prohibindo as asociacións secretas en Italia e por causa do escándalo caeu o goberno de Arnaldo Forlani en xuño de 1981 [15]. Gelli durante o escándalo fuxiu a Suíza e foi arrestado o 13 de setembro de 1982 ao intentar retirar millóns de dólares en Xenebra[15] pero logrou escapara da cadea[16] establecéndose en América do Sur durante catro ano. Finalmente, Gelli entregouse en 1987 á xustiza suíza[17] que o buscaba polo colapso do Banco Ambrosiano [18] e por conexión co atentado na estación de ferrocarril de Boloña de 1980, no que morreran 85 persoas[18][19].Sentenciado a dous meses de cadea en Suíza[20] e un tribunal italiano en Florencia sentenciábao o 15 de setembro de 1987 a oito anos de cadea por financiar actividades terroristas de extrema dereita en Toscana na década de 1970[21], Gelli xa fora sentenciado in absentia a 14 mesese de condena en San Remo por exportar moeda ilegalmente[21]. Extraditado a Italia en febreiro de 1988, en xullo de 1988 a xustiza italiana absolveuno de asociación subversiva pero condenouno por calumnias, empececendo a investigación do masacre de Boloña. En 1992 un tribunal sentenciouno a 18 anos e medio de cadea como culpable de fraude en relación á bancarrota do Banco Ambrosiano, sentenza que un tribunal de apelación reduciu a 12 anos. En abril de 1994 outro tribunal sentenciouno a 17 anos por divulgar segredos de estado e empecer a investigación[22] pero finalmente reduciuse a súa sentenza e quedou en arresto domiciliario durante dous anos[23]. En maio de 1998 Gille desapareceu mentres estaba en arresto na súa mansión de Arezzo e a policía detívoo novamente en Cannes.

Notas