Lingua bugi

O bugi[2] é unha lingua malaio-polinesia falada por máis de 5 millóns de persoas na parte sur de Célebes, en Indonesia. Non se conservan escritos antigos, só transcricións a partir da Idade Moderna no alfabeto lontara. No presente, adoita escribirse no alfabeto latino, por mor do alto grao de aculturación dos seus falantes.

Bugi
Basa Ugi / ᨅᨔ ᨕᨘᨁᨗ
Outros nomes:Bahasa Bugis, Bugis, Bugi, De
Falado en:Indonesia, Malaisia
Rexións: Célebes
Total de falantes:5 millóns (censo de 2000)
Familia:Austronesia
 Malaio-Polinesia (MP)
  Linguas malaio-polinesias nucleares
   Linguas Sunda-Sulawesi
    Linguas bugis
     Bugi
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:bug
ISO 639-3: bug
Mapa
Status

O bugi está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O bugi é unha lingua que ten un sistema de aliñamento de split. Iso quere dicir que, nalgúns tipos de oracións, emprega un sistema ergativo/absolutivo, mentres que noutras oracións, o sistema é nominativo/acusativo. O sistema ergativo/absolutivo emprégase con oracións con orde verbo-obxecto-suxeito, mentres que o nominativo/acusativo existe en oracións con orde suxeito-verbo-obxecto. Ademais, as oracións con pronomes enclíticos empregan todas o sistema ergativo/absolutivo.

O bugi emprega reduplicacións como diminutivo (manu, 'galiña'; manu-manu, 'pardal'). A immensa maioría de verbas son paroxítonas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: