Lingua hawaiana

O hawaiano[2] (Ōlelo Hawai‘i) é unha lingua do grupo malaio-polinesio falada en Hawai polo pobo hawaiano. Canda o inglés, é a lingua oficial do Estado de Hawai. É a linguaxe que deu orixe á verba Wiki da Wikipedia, que significa "rápido".

Lingua hawaiana
‘Ōlelo Hawai‘i
Falado en:Illas Hawai
Total de falantes:~24.000 (2008)
Familia:Austronesio

 Malaio-Polinesio
  Oceánica
   Malaio Polinesio
    Oceánico
     Polinesio nuclear
      Polinesio oriental

       Hawaiano
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Hawai (Estados Unidos)
Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1:haw
ISO 639-2:haw
SIL: HWI
Mapa
Status

O hawaiano está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O hawaiano pertence ao grupo das linguas polinesias, xunto con idiomas como o tahitiano, samoano, o maorí, e o rapanui, e relaciónase na distancia co indonesio, o malgaxe, o tagalo e as linguas indíxenas de Taiwán.

Niʻihau

A illa de Niʻihau, ao suroeste de Kaua'i, é a única onde toda a poboación (preto de 160 persoas) fala o hawaiano como lingua nativa. Entre as razóns do seu enraizamento inclúense que a illa é propiedade privada dende 1872 e poucas veces se permite a visita de estranxeiros; ademais, os propietarios da illa estimularon o mantemento da lingua e os propios habitantes de Niʻihau esforzáronse por conservala.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Elbert, Samuel e Pukui, Mary Kawena (1979). Hawaiian Grammar. Honolulu: University of Hawai‘i Press. ISBN 0-8248-1637-4. 
  • Pukui, Mary Kawena e Elbert, Samuel (1986). Hawaiian Dictionary. Honolulu: University of Hawai‘i Press. ISBN 0-8248-0703-0. 
  • Schutz, Albert (1994). The Voices of Eden: A History of Hawaiian Language Studies. Honolulu: University of Hawai‘i Press. ISBN 0-8248-1637-4. 

Ligazóns externas


 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: