Lingua sakizaya

lingua formosana de Taiwán

O sakizaya é unha lingua formosana estreitamente relacionada coa lingua amis. Pertencente á gran familia de linguas austronesias, é falada polo pobo sakizaya, que se concentra na costa leste da illa de Taiwán. Dende 2007, conta co recoñecemento do goberno de Taiwán como unha das dezaseis linguas indíxenas da illa.

Sakizaya
Falado en:Taiwán
Total de falantes:997 (2020)
Familia:Linguas austronesias
 Linguas formosanas do leste
  Amis
   Sakizaya
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
ISO 639-3: szy
Mapa
Status

O sakizaya está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Historia

Despois do incidente de Takobowan do ano 1876, o pobo sakizaya agochouse entre os amis nataoran. Por mor disto, os estudosos categorizaron o sakizaya como un dialecto dos amis.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Chen, Chun-nan 陳俊男 (2010). Sāqíláiyǎzú de shèhuì wénhuà yǔ mínzú rèndìng 撒奇萊雅族的社會文化與民族認定 [Study of Sakizaya Culture and Official Recognition] (Tese) (en chinés). Guoli zhengzhi daxue. 
  • Chen, Chun-nan 陳俊男 (1999). Qíláizú (Sakizayarén) de yánjiū 奇萊族(Sakizaya人)的研究 [The Study of Qilai (Sakizaya people)] (Tese) (en chinés). Guoli zhengzhi daxue. 
  • Lim, Siu-theh 林修澈. Sakizayazú de mínzú rèndìng: Qímò bàogào (Xíngzhèng Yuàn Yuánzhùmínzú Wěiyuánhuì wěituō) Sakizaya族的民族認定:期末報告(行政院原住民族委員會委託) [Sakizaya Nationality Identification: Final Report (Commissioned by the Indigenous Peoples Committee of the Executive Yuan)] (Informe) (en chinés). Taipei: Zhengzhi daxue minzu xuexi. 
  • Shen, Wen-chi 沈文琦 (2018). Sāqíláiyǎyǔ yǔfǎ gàilùn [Introduction to Sakizaya Grammar] (en chinés). Xinbei Shi: Yuanzhuminzu weiyuanhui. ISBN 978-986-05-5693-3 – vía alilin.apc.gov.tw. 
🔥 Top keywords: