Lingua tártara

lingua

A lingua tártara[2] ou tátara[3] (en tártaro latino: tatar tele, tatarça; en tártaro cirílico: татар теле, татарча) é unha lingua turca, a lingua dos tártaros. Fálano seis millóns de persoas na república rusa de Tatarstán, en Baskiria e outras comunidades de Rusia.

Tártaro
татарча, tatarça, تاتارچا
Falado en:Rusia, Ucraína, Turquía, China, Finlandia
Total de falantes:8 millóns
Familia:Linguas turcas
 Noroccidental
  Uralo-caspiana
   Tártaro
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Tatarstán
Códigos de lingua
ISO 639-1:tt
ISO 639-2:tat
ISO 639-3: tat
Mapa
Status

O tártaro está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Escritura

Os antepasados do pobo tártaro usaron o alfabeto orkhon. No século X empezou a usarse o alfabeto árabe. En 1927 foi adoptado o yanalif (en ruso: яналиф), un alfabeto baseado no latino, xa que por entón as autoridades comunistas querían latinizar a escritura de todas as linguas da antiga Unión Soviética. En 1939 este alfabeto foi substituído por un baseado no alfabeto cirílico.

O 15 de setembro de 1999 unha lei da república rusa de Tatarstán reintroduciu o alfabeto latino, agora denominado yanalif-2. Pero o 16 de novembro de 2004 o Tribunal Constitucional da Federación Rusa derrogou dita lei por incompatibilidades coa Constitución de Rusia.[4] Polo tanto de iure o alfabeto do tártaro é o baseado no alfabeto cirílico, aínda que moitas veces úsase de facto o alfabeto latinizado.

Clasificación

O tártaro é unha lingua turca, considerada parte da disputada familia altaica de linguas.

Distribución xeográfica

O tártaro fálase en partes de Europa, Rusia, China, Turquía, Polonia, Ucraína, Finlandia, Estonia e Asia Central.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: