Liu Xie

escritor chinés

Liu Xie (chinés tradicional: 劉勰; chinés simplificado: 刘勰; pinyin: Liú Xié; Wade-Giles: Liu2 Hsieh2), nome de cortesía Yanhe 彦和, nado arredor do 465 e finado cara ao 522, foi un monxe budista, político e escritor chinés.[1] Escribiu unha das poéticas chinesas máis importantes, o Wenxin diaolong 文心雕龍 ("O corazón da literatura e o cicelado de dragóns"). A súa biografía foi incluída no Liangshu 梁書 ("Libro de Liang").

Infotaula de personaLiu Xie
Nome orixinal(zh-hant) 劉勰 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento460 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Jingkou District (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte522 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeSouthern Qi (en) Traducir
dinastía Liang Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria

Liu Xie naceu na actual Zhenjiang, aínda que a súa familia procede de Shandong.[2] Quedou orfo na súa mocidade, e decidiu non casar, sexa por pobreza ou por convicción. Estudou budismo con Sengyou, contribuíndo á edición dos sutras no mosteiro de Dinglin até o falecemento do mestre.[2] Foi durante esta etapa que redactou o Wenxin diaolong.[2]

Máis adiante sería secretario de Xiao Hong, irmán do emperador Xiao Yan dos Liang.[2] Tamén se encargou da loxística dunha unidade militar, e logo foi ascendido a maxistrado do condado de Tiamo (actual Longyou, provincia de Zhejiang).[2] Posteriormente, traballou como secretario dos fillos do emperador até que foi enviado de volta ao mosteiro.[2] Ao rematar a edición dos sutras, decidiu permanecer no templo.[2]

Liu Xie tamén escribiu o Hong ming ji 弘明集 ("A gran iluminación") e o Shijie ji 世界集 ("Sobre o mundo"), ambas perdidas.[2] Foi autor dun ensaio titulado Mie huo lun 滅惑論 ("Tratado sobre a refutación das falsidades").[2]

Experimentos

Liu Xie realizou unha serie de experimentos psicolóxicos nos que pediu aos seus estudantes que debuxaran un círculo cunha man, mentres coa outra facían un cadrado.[3] O obxectivo desta proba era medir o nivel de distracción que os suxeitos podían xestionar.[3] Segundo as súas observacións, a meirande parte dos participantes tiveron problemas para realizar as dúas tarefas simultaneamente.[3] Trátase dun dos primeiros experimentos psicolóxicos da historia.[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas