Loucetios

Na relixión celta, Loucetios (Latinizado como Leucetius) foi un deus dos galos identificado co romano Marte. Arredor dunha ducia de inscricións na súa honra foron atopadas, principalmente no leste da Galia, cunha particular concentración entre os vangiones (unha tribo do Rin). Mars Loucetios é acompañado por Nemetona. Foron atopadas inscricións dedicadas a el en Bath e Angers.[1]

O nome Loucetios pode ser unha variación da raíz protoindoeuropeo *leuk- ("brillar"). Presumiblemente é análogo do osco Loucetius, "dador de luz", un epíteto de Xúpiter.[2]

Notas

🔥 Top keywords: