Luis Enrique
Luis Enrique Martínez García, nado en Xixón o 8 de maio de 1970, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección española. En xullo de 2018 comezou a adestrar a Selección de fútbol de España. Actualmente é adestrador do Paris Saint-Germain.
Traxectoria
Adestrador
En xuño de 2013 anunciouse que sería o substituto de Abel Resino no banquiño do Celta de Vigo por dúas tempadas.[1] En maio de 2014 anunciou que non continuaría no conxunto celeste ao rematar a tempada.[2] O seu substituto foi Eduardo Berizzo.[3]
Dous días despois da súa marcha do Celta, o Futbol Club Barcelona anunciou a súa contratación por dúas tempadas.[4]
O 5 de xullo de 2023 foi presentado como novo adestrador do Paris Saint-Germain ata xuño de 2025.[5]
Palmarés
- Real Madrid
- Barcelona
- Liga de España: 1997–98, 1998–99
- Copa do Rei: 1996–97, 1997–98
- Supercopa de España: 1996
- Recopa de Europa: 1996–97
- Supercopa de Europa: 1997
- España sub-23