Músculo grácil


O músculo grácil ou recto interno[1] é un músculo que se estende desde a rama inferior do pube e a rama do isquion até a tibia.

Grácil
Latín[TA]: musculus gracilis
Orixe{{{Orixe}}}
Inserción   sínfise pubiana, músculos adutores longos e curtos e parte anterior da rama isquiopúbica; a partir destas, orixina un corpo en forma de cinta, situado na cara medial da coxa. O tendón rodea o cóndilo medial do fémur e insírese na parte superior da cara medial, xunto aos músculos sartorio e semitendinoso
VascularizaciónArteria circunflexa femoral medial
InnervaciónRamo anterior do nervio obturador
AcciónsAdución, flexión e rotación da cadeira

Insercións e constitución anatómica

  • Insercións superiores: lateral á sínfise pubiana, no ángulo pubiano, medial á inserción dos músculos adutores longos e curtos, no labio lateral, parte anterior da rama isquiopúbica.
  • Corpo muscular: a partir das insercións precedentes orixina un corpo fino, plano, en forma de cinta, situado na cara medial da coxa. O seu tendón longo e fino aparece no medio do corpo musculoso e rodea o cóndilo medial do fémur de atrás cara a adiante.
  • Inserción inferior: despois de rodear o cóndilo medial da tibia, insírese na parte superior da súa cara medial, contribuíndo cos músculos sartorio e semitendinoso a formar a pata de ganso superficial[2].

Relacións

A súa cara medial ou superficial está cuberta pola fascia lata e a pel na súa maior extensión. A cara lateral ou profunda está relacionada co bordo medial dos músculos adutores, o cóndilo medial do fémur e a tibia, na que a bolsa sinovial os separa do ligamento colateral tibial.

Innervación

Recibe unha rama do nervio obturador (L2, L3, L4) que o penetra pola súa cara profunda, por riba da súa parte media.

Vascularización

Varias arterias provenientes da arteria femoral ou da arteria circunflexa femoral medial irrigan o músculo.

Función

Adución, flexión e rotación interna da cadeira


Notas

Véxase tamén