Manitol

composto químico

O manitol (E 421) é un azucre-alcohol, polialcohol, ou poliol de tipo monosacárido hidroxenado. É un edulcorante obtido da hidroxenación do azucre manosa.

O manitol pode ter varias utilizacións:

  • En alimentos dietéticos.
  • Simplemente, como adozante (edulcorante) común.
  • En goma de mascar.
  • Para fabricar resinas.
  • Para substituír a glicosa en especialidades farmacéuticas para que estas poidan ser receitadas para os diabéticos.
  • Como substituto do plasma sanguíneo en casos de hemorraxia. Nestes casos úsase como solución ó 20%, a súa duración no torrente sanguíneo é maior que as solucións cristaloides a base de electrólitos (soros).

Máis de 20 gramos de manitol ó día poden ocasionar diarrea.

O manitol ó 20% tamén se usa como diurético osmótico en situacións agudas, como a síndrome nefrótica, ou para aliviar a hipertensión intracranial. Facilita tamén a manipulación cirúrxica cranial. Está contraindicado na insuficiencia cardíaca polo posible edema agudo de pulmón que pode producirse polo exceso de volume. Dependendo da dose pode producir hiponatremia, ou deshidratación e hipernatremia e acidose.O seu emprego máis de 2 ou 3 días é de dubidosa utilidade e de alto risco. Pode producir efecto rebote e producir edema cerebral [1].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: