Manuel Abeledo
Manuel Abeledo López, nado en Goiás (Lalín) o 5 de abril de 1945[1] e finado na Coruña o 19 de marzo de 2016[2], foi un político galego de tendencia conservadora.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1945 ![]() Goiás, España ![]() |
Morte | 19 de marzo de 2016 ![]() A Coruña, España ![]() |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
1995 – 2003 ← César Mera – Rafael Louzán → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, foi profesor e Director Técnico do Colexio "Liceo La Paz" da Coruña (1973-1975). É funcionario do Corpo de Inspectores Técnicos de Educación por oposición. Desempeñou os cargos de Inspector Técnico de Educación en Málaga (1979-1984) e Melilla (1982-1984).
Foi nomeado Subdirector Xeral de Planificación, Profesorado e Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia o 13 de marzo de 1984 ocupando o posto ata xaneiro de 1987, data na que o nomean Inspector Técnico de Educación da Coruña e en 1989 Inspector Xefe de Educación da Coruña. O 7 de marzo de 1991 foi nomeado Director Xeral de Transportes da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas e o 4 de xaneiro de 1994 Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
Militante do Partido Popular, foi concelleiro en Lalín, Presidente da Deputación de Pontevedra e Vicepresidente provincial do partido en Pontevedra.
Predecesor: César Mera | ![]() Presidente da deputación de Pontevedra 1995-2003 | Sucesor: Rafael Louzán |
Vida persoal
Casou con Carmen Pérez Díaz e foi pai de Carmen, Marta e Manuel Abeledo Pérez.