Mar de Bohai

mar

o Mar de Bohai ou Mar de Bo, tamén coñecido domo Golfo de Bohai, Golfo de Bo ou Baía de Pohai ((en chinés) 渤海), é o golfo máis interior do Mar Amarelo e Baía de Corea na costa Nordés e Norte da China. Ten aproximadamente unha superficie de 78.000 km² e a súa proximidade a Beijing convértea nunha das rutas marítimas máis transitadas do mundo.

Mar de Bohai
渤海 (Bó Hăi)
Localización administrativa
Estado China
DivisiónProvincias de Hebei, Liaoning e Shandong e municipalidade de Tianjin
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAsia
Xeografía
Mares contiguosMar Amarelo
AfluentesRío Amarelo (5464 km), río Liao (1345 km), río Hai (1329 km) e río Luan (600 km)
Cidades ribeiregasWeihai, Yantai, Tanggu, Qinhuangdao, Jinzhou, Yingkou, Huludao e Dalian
Accidentes
Golfos e baíasBaías de Laizhou, Liaodong e Bohai
EstreitosEstreito de Bohai
Características
Superficie78.000 km²
Mapa

Historia

Ata o inicio do século XX, Bo Hai foi chamado a miúdo "Golfo de Chihli" ((en chinés) 直隸海灣), Golfo de Pechihli ou Pechili ((en chinés)北直隸海灣 ). Zhili e Beizhili foron provincias históricas na área circundante a Pequín.

Xeografía

O mar de Bohai está limitado pola cadea das Illas Changshan entre a península de Liaodong e a Península de Shandong. Tornouse unha das rutas marítimas máis concorridas nos últimos tempos. Hai tres baías importantes no interior do Mar de Bohai: a Baía de Laizhou ao sur, a Baía de Liaodong ao norte e a Bhía de Bohai ao oeste. No extremo oriental do mar de Bohai, entre o extremo máis meridional da península de Liaodong e o extremo máis setentrional da península de Shandong, atópase o estreito de Bohai ((en chinés) 渤海海峡), historicamente tamén coñecido como "Canle Lau-ti-shan". Algúns dos ríos que desembocan no golfo inclúen os ríos Amarelo, Hai, Liao e Río Luan. Hai algunhas reservas de petróleo importantes nas inmediacións do golfo, incluíndo o Shengli Field. Os grupos insulares ou illas importantes no golfo inclúen as Illas Changshan (en chinés) 长山列岛), Illa Changxing ((en chinés) 长兴岛), e Illa Xizhong ((en chinés)西中岛 ). As divisións a nivel provincial da República Popular da China que teñen costa no Mar de Bohai son, desde o sur, en sentido horario: Shandong, Hebei, Tianjin, Hebei de novo, e Liaoning.

Portos principais

Hai cinco portos principais ao longo da ribeira do Mar de Bohai, cun movemento de máis de 100 millóns de toneladas, aínda que o porto de Tangshan está subdividido en Jingtang e Caofedian:

Plan marítimo chinés de MSA para o mar de Bohai. As rutas planificadas seguen de cerca as rutas marítimas actualmente en uso

Caofeidian e Jingtang normalmente son tratados como un só porto para fins estatísticos. Os portos de Dalian e Yantai tamén se consideran tradicionalmente parte do arco de Bohai, aínda que estritamente se atopan fóra dos límites do mar. O porto de Longkou alcanzou os 70 millóns de toneladas de carga en 2013, e espérase que alcance o fito de 100 millóns de toneladas no futuro próximo.[1]

Principais cidades ao longo da costa do Mar de Bohai

Costa rochosa en Dalian, Provincia de Liaoning
  • Tianjin
  • Dalian, Liaoning
  • Qinhuangdao, Hebei
  • Yantai, Shandong
  • Longkou, Shandong
  • Penglai, Shandong
  • Weihai, Shandong
  • Weifang, Shandong
  • Laizhou, Shandong

Recursos de hidrocarburos

A baía de Bohai contén importantes reservas de petróleo e gas, proporcionando gran parte da produción offshore da China. O campo principal da rexión chámase Shengli e foi explotado desde a década de 1960. Aínda produce preto de medio millón de barrís ao día, pero esta esgotándose.[2] A produción está dominada por empresas chinesas (China National Offshore Oil Corporation) que creouse principalmente para esta rexión) pero tamén están presentes compañías estranxeiras, como ConocoPhilips,[3] Roc Oil,[4] e outros.

O campo Gudao, situado na baía de Zhanhua, foi descuberto en 1968, baseado en enquisas gravitacionais, magnéticas e sísmicas entre 1963-1964.[5] O depósito inclúe as formacións xeolóxicas de Guantao (Mioceno) e Minghuazhen (Plioceno) dentro da cúpula anticlinal.[5] O campo de petróleo Suizhong 36-1 foi descuberto en 1987.[6]:459

Producíronse verteduras de petróleo con frecuencia nesta rexión: tres verteduras ocorreron nun período de tempo de dous meses en 2011.[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: