Marcha (música)

Unha marcha é un peza instrumental que ten como característica imita-lo ritmo que marcan os pés do camiñante.[1]

Marcha

Características

As marchas poden considerarse como "danzas andada", pois regulan o paso dun certo número de persoas. Estrutúranse en compases binarios ou cuaternarios, sendo o primeiro o máis común. O seu ritmo leva á división dos tempos en dous valores desiguais, sendo o primeiro máis longo que o segundo, para o que se adoita usar o puntillo. Desta maneira, conséguese unha acentuación que axuda a levar o paso.

As marchas son composicións musicais que tiveron o seu apoxeo no século XIX. Neste século existen numerosas marchas compostas por autores galegos, como Marcial del Adalid, Canuto Berea ou Xoán Montes, que as bandas de música tocaban nas festas e romarías dos pobos.

Tipos de marcha

Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda.

Unha marcha pode presentar características moi diferentes, segundo sexa a finalidade para a que está composta:

  • marcha circense, de paso apresurado.
  • marcha fúnebre, con andar lento;
  • marcha militar;
  • marcha nupcial, con aire solemne;
  • marcha procesional;
  • marcha redobrada ou pasodobre;
  • marcha triunfal.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: