Marco Antonio Boronat

Marco Antonio Boronat Gimeno, nado en Donostia o 9 de xuño de 1947, é un exfutbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro.

Marco Antonio Boronat
Información persoal
NomeMarco Antonio Boronat Gimeno
Nacemento9 de xuño de 1947 (77 anos)
Lugar de nacementoDonostia
Altura176 centímetros
PosiciónDianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1967–1977Real Sociedad225(31)
Adestrador
1989–1991Real Sociedad
1991–1992Deportivo da Coruña
1992–1993Valladolid
1993–1994Badajoz
1994–1995Las Palmas
1997–1998Alavés
1998–2000Logroñés
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Xogou durante moitos anos na Real Sociedad, até 1977. Estivo ligado á Real Sociedad durante 26 anos, primeiro como xogador e despois como técnico. Colgou as botas en 1977, despois do cal pasou a traballar como preparador físico no club donostiarra. Foi segundo de Alberto Ormaetxea e de John Benjamin Toshack durante dez tempadas. En maio de 1989 fíxose cago do equipo donostiarra en substitución de Toshack, quen xa se comprometera co Real Madrid, tras clasificar ao equipo para a Copa da UEFA na tempada 1989–90. En xaneiro de 1991 decide deixar o cargo, sendo substituído por Javier Expósito e ese mesmo ano é contratado polo Deportivo da Coruña pero non chega a rematar a tempada 1991–92, ocupándose do equipo coruñés Arsenio Iglesias a falta de 8 partidos.

Despois adestrou sen demasiado éxito ao Real Valladolid, Badajoz e Las Palmas. En febreiro de 1997, tras dous anos sen adestrar, substitúe a Txutxi Aranguren á fronte do Deportivo Alavés que se atopaba en postos de descenso, conseguindo a permanencia en Segunda División. En xaneiro de 1998 é contratado polo Logroñés en substitución de Víctor Muñoz, evitando novamente o descenso.

Véxase tamén

Ligazóns externas