Meridiano primario

Un meridiano primario (ou meridiano orixe) é un meridiano que, en cartografía, serve de referencia de lonxitude, é dicir representa os 0° de lonxitude, na escala de lonxitudes dun corpo celeste. A diferenza dos paralelos definidos completamente polo eixo de rotación dun obxecto celeste, a elección dun primeiro meridiano é totalmente arbitraria.

Historia

A primeira proxección de Tolomeo, rexeitada por Maximus Planudes contra 1300, utilizando un meridiano a través das Illas Canarias no oeste de África
Facsímile do mapa de Diogo Ribeiro de 1529; o orixinal atópase na Biblioteca do Vaticano.
1571: mapa de África de Abraham Ortelius, co Cabo Verde como primeiro meridiano.
Gerardus Mercator, no seu Atlas Cosmographicae (1595), utiliza un meridiano principal nun lugar próximo a 25 ° O, pasando xusto ao oeste da illa de Santa María no Atlántico. O seu meridiano 180 percorre o estreito de Anian (estreito de Bering)

A noción de lonxitude foi desenvolvida polos gregos Eratóstenes (c. 276 a.C. - c. 195 a.C.) en Alexandría, e Hiparco (c. 190 a.C. - c. 120 a.C.) en Rodas, e aplicouse a un gran número de cidades polo xeógrafo Estrabón (64/63 aC - c. 24). Porén, foi Tolomeo (c. 90 - c. 168) quen primeiro empregou un meridiano consistente para un mapa mundial na súa Geographia .

Tolomeo utilizou como base as illas Afortunadas, un grupo de illas do Atlántico que adoita estar asociado ás illas Canarias (de 13° a 18° O), aínda que os seus mapas sitúanas máis preto das illas do Cabo Verde (22° a 25° O). O punto principal está colocado ao oeste da punta occidental de África (17,5° O), xa que aínda non se utilizaban os números negativos. O seu primeiro meridiano corresponde actualmente a 18° 40' oeste de Winchester (uns 20° O).[1] Entón, o método principal para determinar a lonxitude era utilizar a hora das eclipses lunares en diferentes países.

A Geographia de Tolomeo imprimiuse por primeira vez con mapas en Boloña en 1477, e moitos mapas de principios do século XVI seguírona. Pero aínda había a esperanza de que existise unha base "natural" para un meridiano cero. Cristovo Colón informou en 1493 que o compás apuntaba cara ao norte nalgún lugar do Atlántico medio, e este feito utilizouse no tratado de Tordesillas de 1494, que resolveu a disputa territorial entre España e Portugal sobre as terras recentemente descubertas. A liña de Tordesillas estableceuse finalmente en 370 leguas ao oeste do Cabo Verde. Isto móstrase no mapa de Diogo Ribeiro de 1529. A illa de São Miguel (25,5° O) nos Azores aínda foi usada pola mesma razón até 1594 por Christopher Saxton, aínda que para entón demostrouse que a liña de desviación magnética cero non seguía unha liña de lonxitude.[2]

En 1541, Mercator realizou o seu famoso mapa de 41 cm do planeta terrestre e debuxou o seu meridiano precisamente a través de Fuerteventura (14 ° 1' O) nas Canarias. Os seus mapas posteriores empregaron os Azores, seguindo a hipótese magnética, mais no momento en que Ortelius publicou o primeiro atlas moderno en 1570, outras illas como o Cabo Verde tamén se estaban a utilizar. No seu atlas, as lonxitudes contábanse de 0° a 360°, non de 180º O a 180º L, como é habitual na actualidade. Esta práctica foi seguida polos navegantes ata o século XVIII.[3] En 1634, o cardeal Richelieu empregou a illa máis occidental das Canarias, El Hierro, a 19° 55' ao oeste de París, como elección do meridiano. O xeógrafo Delisle decidiu redondealo ata os 20°, de forma que se converteu simplemente no meridiano de París disfrazado.[4]

A principios do século XVIII, a batalla continuou para mellorar a determinación da lonxitude no mar, levando o desenvolvemento do cronómetro mariño de John Harrison. Pero foi o desenvolvemento dos gráficos de estrelas precisos, principalmente polo primeiro astrónomo real británico, John Flamsteed entre 1680 e 1719 e difundido polo seu sucesor Edmond Halley, o que permitiu aos navegantes utilizar o método lunar de determinar a lonxitude con maior precisión mediante a octante desenvolvido por Thomas Godfrey e John Hadley.[5] Entre 1765 e 1811, Nevil Maskelyne publicou 49 números do almanaque náutico baseado no meridiano do Observatorio Real de Greenwich. As táboas de Maskelyne non só facían que o método lunar fose posible, senón que tamén facían do meridiano de Greenwich o punto de referencia universal. Mesmo as traducións francesas do almanaque náutico retiveron os cálculos de Maskelyne de Greenwich, a pesar de que todas as demais táboas de Connaissance des Temps consideraban o meridiano de París como principal.[5]

En 1884, na Conferencia Meridiana Internacional de Washington, delegados de vinte e cinco países votaron para adoptar o meridiano de Greenwich como primeiro meridiano do mundo.[6] Os franceses argumentaron unha liña neutral, mencionando os Azores e o estreito de Bering, mais finalmente abstivéronse e continuaron a empregar o meridiano de París ata 1911.

Lista de meridianos primarios da Terra

LocalizaciónLonxitude actualNome do meridianoNotas
Estreito de Bering168°30' OOfrecido en 1884 como posibilidade para un "meridiano primario neutral" por Pierre Janssen na Conferencia Internacional do Meridiano.[7]
Washington, D.C.77°03′56.07″ O (1897) or 77°04′02.24″ O (NAD 27) ou 77°04′01.16″ O (NAD 83)meridiano do New Naval Observatory
Washington, D.C.77°02′48.0″ O, 77°03′02.3″, 77°03′06.119″ O or 77°03′06.276″ O (ambos presuntamente NAD 27). Si fuese NAD27, o primeiro sería 77°03′05.194″ O (NAD 83)meridiano do Old Naval Observatory
Washington, D.C.77°02′11.56299″ O (NAD 83),[8] 77°02′11.55811″ O (NAD 83),[9] 77°02′11.58325″ O (NAD 83)[10] (tres monumentos diferentes que orixinariamente tiñan que estar no meridiano da Casa Branca)meridiano da Casa Branca
Washington, D.C.77°00′32.6″ O (NAD 83)meridiano do Capitolio
Filadelfia75° 10' 12″ O[11][12]
Río de Xaneiro43° 10' 19″ O[13]
Illas Afortunadas / Azores25° 40' 32″ OUsado ata a idade media, proposto como un dos meridianos neutrais por Pierre Janssen na Conferencia Internacional do Meridiano[14]
El Hierro (Ferro),
Illas Canarias
18° 03' O,
posteriormente redefinido como
17° 39' 46″ O
meridiano Ferro[15]
Tenerife16° 38' 22" Omeridiano de TenerifeAcadou importancia grazas aos cartógrafos e navegantes neerlandeses despois de que abandonasen a idea dun meridiano magnético[16]
Cádiz6° 17' 35.4" Omeridiano de CádizObservatorio real na torre sueste do Castelo da vila, empregado en 1735–1850 pola armada española.[17][18]
Lisboa9° 07' 54.862″ O[19]
Madrid3° 41' 16.58″ O[19]
Kew0° 00' 19.0″ OMeridiano primarioSituado no Kew Observatory de Xurxo III
Greenwich0° 00' 05.3101″ OMeridiano de GreenwichMeridiano Airy[20]
Greenwich0° 00' 05.33″ OUnited Kingdom Ordnance Survey Zero MeridianMeridiano Bradley[20]
Greenwich0° 00' 00.00″IERS Reference Meridian
París2° 20' 14.025″ Lmeridiano de París
Bruxelas4° 22' 4.71″ L[19]
Antuerpen4° 24' Lmeridiano de Antuerpen
Ámsterdam4° 53' LA través do Westerkerk de Ámsterdam; usado para definir o tempo legal nos Países Baixos entre 1909 e 1937[21]
Pisa10° 24' L[11]
Oslo (Kristiania)10° 43' 22.5″ L[11][12]
Florencia11°15' Lmeridiano de FlorenciaUsado na proxección Peters, 180° a partir do meridiano que atravesa o estreito de Bering
Roma12° 27' 08.4″ Lmeridiano do Monte MarioUsado en Roma 40 Datum[22]
Copenhague12° 34' 32.25″ LRundetårn[23]
Nápoles14° 15' L[14]
Pressburg17° 06' 03″ LMeridianus PosoniensisUsado por Sámuel Mikoviny
Buda19° 03' 37″ Lmeridianu(s) BudenseEmpregado en 1469–1495; introducido por Regiomontanus, usado por Marcin Bylica, Galeotto Marzio, Miklós Erdélyi (1423–1473), Johannes Tolhopff (c. 1445–1503), Johannes Muntz. Establecido no castelo real (e observatorio) de Buda.
Estocolmo18° 03' 29.8″ Lno Observatorio de Estocolmo[19]
Cracovia19° 57' 21.43″ LMeridiano de CracoviaNo antigo observatorio de Cracovia no Colexio Śniadecki; mencionado atmén na obra de Nicolao Copérnico Sobre as revolucións das esperas celestiais.
Varsovia21° 00' 42″ LMeridiano de Varsovia[19]
Várad21° 55' 16″ LTabulae Varadienses[24] Between 1464 and 1667, a prime meridian was set in the Fortress of Oradea (Varadinum at the time) by Georg von Peuerbach.[25]
Alexandría29° 53' LMeridiano de AlexandríaMeridiano do Almaxesto de Tolomeo.
San Petersburgo30° 19' 42.09″ LMeridiano de Pulkovo
Gran Pirámide de Giza31° 08' 03.69″ L1884[26]
Xerusalén35° 13' 47.1″ L[12]
A Meca39° 49' 34″ LTempo da Meca[27]
Ujjain75° 47' LEmpregado dende o século IV na astronomía e nos calendarios da India.[28]
Kyoto136° 14' LEmpregado nos mapas xaponeses dos séculos XVIII e XIX (oficialmente en 1779–1871).
~ 180Oposto a Greenwich, proposto o 13 de outubro de 1884 na Conferencia Internacional do Meridiano por Sandford Fleming[14]

Outros corpos celestes

Coma na Terra, os meridianos primarios noutros corpos teñen que definirse arbitrariamente. Ás veces emprégase algún elemento da paisaxe como un cráter, outras veces en referencia a outro obxecto celeste ou por campos magnéticos. Definiuse un meridiano cero para estes obxectos do Sistema Solar:

  • Empréganse dous sistemas de coordenadas diferentes para o Sol. O primeiro é o sistema Carrington, segundo o cal o meridiano primario pasa polo centro do disco solar que se vía dende a Terra o 9 de novembro de 1853, cando o astrónomo Richard Christopher Carrington comezou as súas observacións de manchas solares.[29] O segundo é o sistema Stonyhurst, orixinado no Observatorio Stonyhurst.
  • Na Lúa pasa directamente por medio da cara visible dende a Terra, preto do cráter Bruce. Máis xeralmente, para obxectos cunha rotación que sexa síncrona, é posible adoptar a posición media do punto que se atopa directamente ao corpo ao redor do cal viran como orixe das lonxitudes. Esta convención adóptase xeralmente para Ío, Europa, Ganímedes, Calisto ou Titán.
  • En Mercurio, en 1975[30][31] definiuse como 20 ° ao leste do pequeno cráter chamado Hun Kal ("20" en maia).[32]
  • En Venus, o meridiano pasa polo pico central do cráter Ariadne.[33]
  • En Marte, o primeiro meridiano é definido polo cráter Airy-0 e definiuse en 1971.[34]
  • Nos xigantes gasosos, que non teñen unha superficie sólida e a atmosfera vira a diferentes velocidades segundo a latitude, pódense utilizar varios sistemas como referencia do campo magnético destes planetas.[35]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: