MotoGP

MotoGP é a máxima categoría do Campionato do Mundo de Motociclismo de Velocidade. En 2002 pasou a substituír a categoría de 500cc (motocicletas de dous tempos de ata 500cc de cilindrada), aínda que inicialmente permitíronse motores de catro tempos de ata 990cc. Desde a tempada 2012, a cilindrada máxima permitida son os 1.000 cc.

MotoGP
Fundación1949
RexiónInternacional
Sitio webwww.motogp.com

A súa organización vén determinada pola Federación Internacional de Motociclismo, do mesmo xeito que ocorre coas outras categorías do campionato (Moto2 e Moto3).

Historia

Cronoloxía

Valentino Rossi coa Yamaha nos adestramentos do GP de Indianapolis de 2009
  • 2002: Créase a nova categoría de MotoGP, que substitúe a de 500cc. Admítense motores de 4 tempos ata 990cc ou de dous tempos ata 500cc.
  • 2004: As grellas de saída pasan de 4 a 3 motos por fila. Makoto Tamada gaña por primeira vez unha cursa de MotoGP con pneumáticos Bridgestone, no GP do Brasil.
  • 2005: Adóptase a norma flag-to-flag, permitindo aos pilotos parar en boxes para cambiar a moto en caso de empezar a chover a media carreira.
  • 2007: A categoría restrínxese a 800cc e 4 tempos.
  • 2008: Dunlop retírase.
  • 2009: Michelin retírase e Bridgestone queda como único provedor de pneumáticos. Kawasaki suspende as actividades na categoría durante o 2009 e estuda privatizar o seu equipo.
  • 2011: O piloto italiano Marco Simoncelli morre no circuíto de Sepang.
  • 2012: Auméntase a máxima cilindrada a 1.000cc.

Regulamento

Honda RC212V (Dani Pedrosa, 2007)
Yamaha YZR-M1 (Jorge Lorenzo, 2011)

Especificacións do motor

  • Configuración: V2, V4 ou 4 en liña
  • Cilindrada: 1.000 cc
  • Ciclo do motor: 4 tempos
  • Válvulas: 16 válvulas
  • Distribución: Árbore de levas (DOHC), 4 válvulas por cilindro.
  • Combustible: Sen chumbo, 100 octanos (calquera tipo de combustible).
  • Alimentación: Inxección.
  • Aspiración: Motor de aspiración natural.
  • Potencia: 240 CV
  • Lubricación: Cárter húmido.
  • Máximo de revolucións: 17.500 - 18.000 rpm.
  • Velocidade màxima: 349 Km/h
  • Refrixeración: Bomba de auga individual.

Pesos mínimos

Número de
cilindros
Mínimo 2002Mínimo 2007Mínimo 2010
2135 kg137 kg135 kg
3135 kg140,5 kg142,5 kg
4145 kg148 kg150 kg
5145 kg155,5 kg157,5 kg
6155 kg163 kg165 kg

Pneumáticos

En 2007, as novas regulacións da categoría limitaron o número de pneumáticos a usar durante os adestramentos, cualificacións e carreira a un máximo de 31 por piloto (14 anteriores e 17 posteriores). O único equipo que participaba con pneumáticos Dunlop durante o 2007, Yamaha Tech 3, pasouse a Michelin en 2008. Aquela tempada, as regras volveron ser modificadas para permitir máis pneumáticos cada fin de semana de carreiras, deixándoos en 40 (18 anteriores e 22 posteriores). Nas tempadas 2009, 2010 e 2011, a FIM designou como provedor de pneumáticos a Bridgestone e Michelin deixou de abastecer a MotoGP. Bridgestone proporciona 4 diferentes tipos de pneumáticos anteriores, 6 posteriores e un tipo para mollado para a tempada enteira. Para cada Gran Premio, este provedor proporciona só 2 tipos de anteriores e posteriores. Para garantir a imparcialidade, os pneumáticos asígnanse aos corredores ao chou.[1]

Campións

EdiciónPilotoMotocicleta
2002 Valentino RossiHonda
2003 Valentino RossiHonda
2004 Valentino RossiYamaha
2005 Valentino RossiYamaha
2006 Nicky HaydenHonda
2007 Casey StonerDucati
2008 Valentino RossiYamaha
2009 Valentino RossiYamaha
2010 Jorge LorenzoYamaha
2011 Casey StonerHonda
2012 Jorge LorenzoYamaha
2013 Marc MárquezHonda
2014 Marc MárquezHonda
2015 Jorge LorenzoYamaha
2016 Marc MárquezHonda
2017 Marc MárquezHonda
2018 Marc MárquezHonda

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: