Mozilla Firefox

aplicación para a navegación web

Mozilla Firefox (ou só Firefox) é unha aplicación para a navegación web, libre e de código aberto[6] e que desenvolve o proxecto o grupo Mozilla Corporation da organización aberta Fundación Mozilla. É multiplataforma e está dispoñíbel para os sistemas operativos Linux, macOS e Windows, así como en Android (como Firefox para Android) e iOS. Emprega o motor de rendemento web Quantum (que substituíu a Gecko), e executa os modelos web actuais e os próximos a ser aprobados.[7] En 2015 liberouse Firefox para iOS, que emprega WebKit no canto de Gecko por restricións de Apple no desenvolvemento do seu sistema operativo móbil.[8] O código fonte de Firefox está dispoñíbel baixo os termos MPL.[9]

Mozilla Firefox
Firefox 89 en Arch Linux.
Desenvolvedor(es)Mozilla Foundation
Publicación inicial23/09/2002
Última versión57.0[1]
(14 de novembro de 2017)
Repositoriodxr.mozilla.org
Escrito enC++, JavaScript, HTML, C, Rust[2]
Sistema operativoLinux, macOS, Windows, Android, iOS[3]
Lingua/s+90[4]
Galego: OK
TipoNavegador web
LicenzaMPL 2.0[5]
Sitio webwww.mozilla.org

Firefox foi creado pola comunidade Mozilla en 2002 co nome de Phoenix[10] coa intención de ter un navegador web independente, e non ancorado a un paquete completo como era a Mozilla Application Suite. Xa na súa fase beta Firefox gañou popularidade grazas a que, segundo dicían, era máis veloz, seguro e incorporaba melloras engadidas en comparanza co Internet Explorer 6 de Microsoft, que naquela hora era o navegador dominante. O primeiro lanzamento de Firefox, a versión 1.0, foi en novembro de 2004,[11] e popularizouse ata acadar os 60 millóns de descargas en nove meses, poñendo por primeira vez en cuestión o dominio de Internet Explorer.[12] Considérase que Firefox é o sucesor da filosofía de Netscape Navigator xa que Mozilla creou en 1998 ese proxecto, aínda que despois foi comprado por AOL.[13]

O uso de Firefox chegou ata o 32% de usuarios en 2009,[14] na súa versión 3.5 e converténdose no navegador máis popular.[15][16] A saída ao mercado de Google Chrome fixo que a súa cota de uso baixara.[14] En 2017 o seu uso estivo entre o 5.96 e o 13.6% no mundo en uso de escritorio e foi o segundo navegador máis empregado.[17][18][19][20] Segundo Mozilla, en 2014 Firefox chegou aos mil millóns de usuarios no mundo.[21]





Cota de uso de navegadores web (novembro de 2014 – novembro de 2015[22])     Google Chrome (50,13%) (50.13%)     Internet Explorer (18.07%) (18.07%)     Mozilla Firefox (16.23%) (16.23%)     Safari (10.03%) (10.03%)     Opera (1,65%) (1.65%)     Outros (3.89%) (3.89%)


Localización

Firefox está amplamente localizado e traducido a múltiples linguas e culturas, entre elas o galego. A súa primeira versión de novembro de 2004 estivo dispoñible en 24 linguas e 28 configuracións locais (como inglés británico ou americano)[23] En 2017 contaba na súa versión 57.0 con 89 configuracións locais e 79 linguas.[24]

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: