Mundial de Fútbol de 1938

evento futbolístico internacional cuatrianual

O Mundial de Fútbol de 1938 (en francés: Coupe du Monde 1938) foi a terceira edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Francia entre o 4 e o 19 de xuño de 1938. O formato do torneo foi igual ao da anterior edición de 1934 en Italia, cunha fase de eliminatorias a partido único. En caso de empate, xogábase unha prórroga de 30 minutos, e se o resultado seguía igual, celebrábase un encontro de desempate ao día seguinte.

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 1938
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes15 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónStade Victor Boucquey (en) Traducir (Lille)
Stade Jules Deschaseaux (pt) Traducir (Le Havre)
Stade Auguste-Delaune (pt) Traducir (Reims)
Estádio Olímpico Yves-du-Manoir (pt) Traducir (Colombes)
Parc des Princes (París)
Stade de la Meinau (pt) Traducir (Estrasburgo)
Parc Lescure (Bordeos)
Stade du Fort Carré (pt) Traducir (Antibes)
Stadium Municipal de Toulouse (Tolosa)
Stade Vélodrome (8th arrondissement of Marseille (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
PaísFrancia Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo4 de xuño de 1938 – 19 de xuño de 1938 Editar o valor em Wikidata
Número de edición3  (1938) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoItalia (2º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos18 Editar o valor em Wikidata
Goles84 Editar o valor em Wikidata
GolLeônidas da SilvaSelección de fútbol de Brasil (7) Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores369.720 Editar o valor em Wikidata

O clima prebélico que se vivía antes da segunda guerra mundial marcou o torneo, onde só participaron quince países pola renuncia de Austria. O país centroeuropeo, clasificado para a fase final, fora ocupada pola Alemaña nazi tres meses antes do torneo, tendo os seus xogadores que competir coa selección alemá. Ao igual que no anterior mundial, a gran maioría dos equipos eran do continente europeo (12 de 15). Os países de América do Sur negáronse a participar no torneo en protesta pola elección de novo dun país europeo para albergar o campionato. Os únicos representantes americanos foron o Brasil e debutante Cuba. O outro equipo non europeo do torneo foron as Indias Orientais Neerlandesas (actual Indonesia), que ademais foi o primeiro equipo asiático en participar.[1]

O equipo italiano, vencedor catro anos antes, de novo adxudicouse o título de campión no Stade de Colombes após gañar na final a Hungría por 4 a 2. Entre os italianos destacou Giuseppe Meazza como a grande estrela do equipo. Por outra banda, o seleccionador Vittorio Pozzo foi o primeiro adestrador en gañar a Copa do Mundo en dúas ocasións.[2] O máximo goleador do torneo foi o brasileiro Leônidas. Ao ano despois da finalización do torneo estourou a segunda guerra mundial, o cal produciu que o torneo non se retomase até a edición de 1950 no Brasil.[3][4]

Antecedentes e elección

A elección da sede para o Mundial de 1938 tivo lugar en Berlín (Alemaña) o 13 de agosto de 1936 en plenos Xogos Olímpicos. Coas candidaturas de Francia, Alemaña e a Arxentina sobre a mesa, os membros da FIFA elixiron por maioría absoluta aos franceses. Era a segunda vez que un país europeo albergaría este evento, despois de que a anterior edición tivese lugar en Italia.[5] Os arxentinos daban por seguro que serían os organizadores despois de que o presidente da FIFA e fundador da Copa, Jules Rimet, o insinuase aos dirixentes da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) nunha visita oficial. Segundo a súa versión, interpretaban que habería alternancia entre os continentes de Europa e América para cada edición. Con todo, Rimet quedou convencido co proxecto francés e o resto dos membros decantáronse a favor dos europeos polo número de estadios e por cuestións de transporte.[5]

Resultados da votación
PaísVotos
Francia19
Arxentina3
Alemaña1

Ao non haber alternancia, case todos os países de América renunciaron á fase clasificatoria. O Uruguai seguía molesta co peso de Europa na FIFA e a súa ausencia maioritaria no Mundial de 1930, así que a Asociación Uruguaia de Fútbol non se inscribiu. Do mesmo xeito actuou Colombia. A AFA só quería participar se non xogaban eliminatorias, e aínda que a FIFA o propuxo, os clubs da Primeira División meteron presión á AFA porque non querían ceder aos seus futbolistas.[6] Por esta razón, a Arxentina ausentouse da Copa Mundial por vez primeira na súa historia. O Brasil, interesado en organizar a edición de 1942, si asistiu e foi o único representante suramericano.[7]

O Mundial de 1938 celebrouse nun contexto de crise política a finais da década de 1930. España estaba inmersa nunha Guerra Civil desde había dous anos, e o auxe do totalitarísmo en Italia e Alemaña supuña unha ameaza para a liberdade de Europa.[8] Tres meses antes da Copa Mundial, o réxime de Adolf Hitler anexionara o estado de Austria como unha provincia do III Reich, dentro da súa política expansionista. Isto afectou á organización porque Austria, que estaba clasificada para a fase final, deixou unha praza vacante.[9] En resposta, o público francés foi moi hostil contra italianos e xermanos nos seus encontros. En Asia a situación tamén era complicada debido á segunda guerra sino-xaponesa.

Clasificación

Por primeira vez nunha Copa Mundial a selección anfitrioa, Francia, e a vixente campioa, Italia, tiñan a praza asegurada. O resto de aspirantes debía competir nunha fase clasificatoria marcada polas retiradas e a situación política mundial. A fase de Europa tivo dificultades para configurar as eliminatorias. Un exemplo foi o Suíza contra Portugal: os suízos non querían ir a Lisboa para non cruzar unha España en guerra, así que se acordou un partido único en Milán que terminou en vitoria helvética. Ademais Exipto e Palestina, únicos representantes de África e Asia Occidental respectivamente, acabaron nos grupos europeos porque non tiñan rivais máis próximos nos seus continentes. Os palestinos caeron ante Grecia, mentres que Exipto foi expulsada por negarse a xogar contra Romanía en ramadán. As catro selecciones británicas tamén quedaron fóra porque non formaban parte da FIFA. Os únicos debutantes do vello continente foron Noruega e Polonia. Por outra banda, a pesar de ser ter clasificado, Austria tivo que renunciar debido á anexión do país por parte de Alemaña tres meses antes da inauguración.

En América do Sur case todas as seleccións renunciaron en desconformidade coa elección de sede. Así, o Brasil foi o único representante do continente.[6] A cota norteamericana quedou cuberta con Cuba, debutante na Copa Mundial grazas á renuncia de todos os seus rivais. Inicialmente estaba prevista unha eliminatoria directa entre varios países, mais a renuncia de varios deles levou á celebración dun triangular na Habana entre Cuba, Costa Rica e Güiana Neerlandesa. O gañador viaxaría a Francia para enfrontarse a un país suramericano. Porén, a retirada de costarriqueños e güianeses por razóns económicas deu aos cubanos unha pasaxe directa á fase final.[10]

De igual modo produciuse a clasificación das Indias Orientais Neerlandesas (actual Indonesia), primeiro representante de Asia nos mundiais.[1] En xaneiro de 1938 estaba previsto que disputase un partido contra a selección do Xapón en Saigón (Indochina). Os nipóns renunciaron pola guerra sino-xaponesa e as Indias, sen praza garantida, debían viaxar en maio até Rotterdam (Países Baixos) para enfrontarse aos Estados Unidos, único rival norteamericano. Os estadounidenses non quixeron facer un desprazamento tan longo e, aínda que a Güiana Neerlandesa pediu substituílos, pois ao ser colonia neerlandesa non tiñan problemas para a viaxe, a FIFA non o permitiu.[10]

Lista de participantes

As seguintes 15 seleccións disputaron a fase final.

Sedes

O torneo estaba programado para celebrarse en once estadios en dez cidades distintas. Con todo, finalmente o estadio Stade de Gerland de Lión non albergou ningún pola renuncia de Austria.

Colombes (área de París)MarsellaParísBordeos
Stade OlympiqueStade VélodromeParc des PrincesParc Lescure
Capacidade: 60.000Capacidade: 48.000Capacidade: 40.000Capacidade: 34.694
EstrasburgoLe Havre
Stade de la MeinauStade Municipal
Capacidade: 30.000Capacidade: 22.000
ReimsTolosaLilleAntibes
Vélodrome MunicipalStade du T.O.E.C.Stade Victor BoucqueyStade du Fort Carré
Capacidade: 21.684Capacidade: 15.000Capacidade: 15.000Capacidade: 7.000

Cadro do torneo

Por segunda e última vez na historia da Copa Mundial de Fútbol, o torneo desenvolveuse por completo nun sistema de partidos eliminatorios simples e non cunha primeira rolda de grupos. Este sistema soamente fora utilizado na Copa de Mundo de 1934.

Oitavos de finalCuartos de finalSemifinaisFinal
              
5 de xuño - Marsella      
   Italia 2
12 de xuño - París (C.)
   Noruega 1 
   Italia 3
5 de xuño - París (C.)
    Francia 1 
   Francia 3
16 de xuño - Marsella
   Bélxica 1 
   Italia 2
5 de xuño - Estrasburgo
    Brasil 1 
   Brasil 6
12 de xuño - Bordeos (14 de x.)
   Polonia 5 
   Brasil 1(2)
5 de xuño - Le Havre
   Checoslovaquia 1(1) 
   Checoslovaquia 3
19 de xuño - París (C.)
   Países Baixos 0 
   Italia 4
5 de xuño - Reims
    Hungría 2
   Hungría 6
12 de xuño - Lille
  Indias Neerlandesas 0 
   Hungría 2
4 de xuño - París (P.) (9 de x.)
    Suíza 0 
   Suíza 1(4)
16 de xuño - París (P.)
   Alemaña 1(2) 
   Hungría 5
5 de xuño - Lión
    Suecia 1 Terceiro posto
   Suecia w/o
12 de xuño - Antibes19 de xuño - Bordeos
   Austria - 
   Suecia 8   Brasil 4
5 de xuño - Tolosa (9 de x.)
    Cuba 0    Suecia 2
   Cuba 3(2)
   Romanía 3(1) 


Encontros

Os horarios corresponden ao horario de verán de Europa occidental (UTC+1).

Oitavos de final

Suíza 1 - 1Alemaña4 de xuño de 1938, 17:00 – Parc des Princes, París
Asistencia: 27.152
Árbitro: John Langenus (Bélxica)
Abegglen  43'Informe
Gauchel  29'
 
Hungría 6 - 0Indias Orientais Neerlandesas5 de xuño de 1938, 17:00 – Vélodrome Municipal, Reims
Asistencia: 9.000
Árbitro: Roger Conrié (Francia)
Kohut  13'
Toldi  15'
Sárosi  28'  89'
Zsengellér  35'  76'
Informe
 


Suecia n/dAustria5 de xuño de 1938Stade Gerland, Lión

 
Cuba 3 - 3Romanía5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade du T.O.E.C., Tolosa
Asistencia: 7.000
Árbitro: Giuseppe Scarpi (Italia)
Socorro  44'  103'
Magriñá  69'
Informe
Bindea  35'
Baratky  88'
Dobay  105'
 


Italia 2 - 1Noruega5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Vélodrome, Marsella
Asistencia: 19.000
Árbitro: Alois Beranek (Alemaña)[11]
Ferraris  2'
Piola  94'
Informe
Brustad  83'
 
Francia 3 - 1Bélxica5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes
Asistencia: 30.454
Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza)
Veinante  1'
Nicolas  16'  69'
Informe
Isemborghs  38'
 


Brasil 6 - 5Polonia5 de xuño de 1938, 17:30 – Stade de la Meinau, Estrasburgo
Asistencia: 13.452
Árbitro: Ivan Eklind (Suecia)
Leônidas  18'  93'  104'
Romeu  25'
Perácio  44'  71'
Informe
Scherfke  23' (pen.)
Wilimowski  53'  59'  89'  118'
 
Checoslovaquia 3 - 0Países Baixos5 de xuño de 1938, 18:30 – Stade Municipal, Le Havre
Asistencia: 11.000
Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza)
Košťálek  93'
Zeman  111'
Nejedlý  118'
Informe
 

Desempates

Suíza 4 - 2Alemaña9 de xuño de 1938, 18:00 – Parc des Princes, París
Asistencia: 20.025
Árbitro: Ivan Eklind (Suecia)
Walaschek  42'
Bickel  64'
Abegglen  75'  78'
Informe
Hahnemann  8'
Lörtscher  22' (p.m.)
 
Cuba 2 - 1Romanía9 de xuño de 1938, 18:00 – Stade du T.O.E.C., Tolosa
Asistencia: 8.000
Árbitro: Alfred Birlem (Alemaña)
Socorro  51'
Fernández  57'
Informe
Dobay  35'
 

Cuartos de final

Italia 3 - 1Francia12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes
Asistencia: 58.455
Árbitro: Louis Baert (Bélxica)
Colaussi  9'
Piola  51'  72'
Informe
Heisserer  10'
 
Brasil 1 - 1Checoslovaquia12 de xuño de 1938, 17:00 – Parc Lescure, Bordeos
Asistencia: 22.021
Árbitro: Pál von Hertzka (Hungría)
Leônidas  30'Informe
Nejedlý  65' (pen.)
 


Hungría 2 - 0Suíza12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Victor Boucquey, Lille
Asistencia: 15.000
Árbitro: Rinaldo Barlassina (Italia)
Sárosi  40'
Zsengellér  89'
Informe
 
Suecia 8 - 0Cuba12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade du Fort Carré, Antibes
Asistencia: 7.000
Árbitro: Augustin Krist (Checoslovaquia)
H. Andersson  9'  81'  89'
Wetterström  22'  37'  44'
Keller  80'
Nyberg  84'
Informe
 

Desempate

Brasil 2 - 1Checoslovaquia14 de xuño de 1938, 18:00 – Parc Lescure, Bordeos
Asistencia: 18.141
Árbitro: Georges Capdeville (Francia)
Leônidas  57'
Roberto  62'
Informe
Kopecký  25'
 

Semifinais

Italia 2 - 1Brasil16 de xuño de 1938, 18:00 – Stade Vélodrome, Marsella
Asistencia: 33.000
Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza)
Colaussi  51'
Meazza  60' (pen.)
Informe
Romeu  87'
 
Hungría 5 - 1Suecia16 de xuño de 1938, 18:00 – Parc des Princes, París
Asistencia: 20.000
Árbitro: Lucien Leclerq (Francia)
Jacobsson  19' (p.m.)
Titkos  37'
Zsengellér  39'  85'
Sárosi  65'
Informe
Nyberg  1'
 

Terceiro posto

Brasil 4 - 2Suecia19 de xuño de 1938, 17:00 – Parc Lescure, Bordeos
Asistencia: 12.000
Árbitro: John Langenus (Bélxica)
Romeu  44'
Leônidas  63'  74'
Perácio  80'
Informe
Jonasson  28'
Nyberg  38'
 

Final

Italia 4 - 2Hungría19 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes
Asistencia: 45.000
Árbitro: Georges Capdeville (Francia)
Colaussi  6'  35'
Piola  16'  82'
Informe
Titkos  8'
Sárosi  70'
 


Campión do Mundo

Italia
Segundo título

Goleadores

Con sete goles, Leônidas foi o máximo goleador do torneo. En total anotáronse 84 goles por 42 xogadores, dos cales dous foron considerados en propia meta.

7 goles
5 goles
4 goles
  • Gino Colaussi
  • Ernest Wilimowski
3 goles
2 goles
1 gol
1 autogol

Clasificación retrospectiva

Un balón do torneo.

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[12] A clasificación de 1938 foi a seguinte:

PSelecciónXVEDGFGCDFPts.
1  Italia4400115+68
2  Hungría4301155+106
3  Brasil53111411+37
4  Suecia3102119+22
Eliminados en cuartos de final
5  Checoslovaquia311153+23
6  Suíza31115503
7  Cuba3111512−73
8  Francia21014402
Eliminados en oitavos de final
9  Romanía201145-11
10  Alemaña201135-21
11  Polonia100156−10
12  Noruega100112−10
13  Bélxica100113−20
14  Países Baixos100103−30
15 Indias Neerlandesas100106−60

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: