Nasal velar

Nasal velar
AFI – número119
AFI – Unicodeŋ
AFI – imaxe10
Entidade HTMLŋ
X-SAMPAN
KirshenbaumN

O nasal nelar ou ene velar é un tipo de fonema consoante (nasal, oclusivo e velar). Foneticamente é común en moitas linguas, cunha alofonía típica de /n/ antes de consoantes velares como as consoantes /g/ e /k/ por exemplo (en castelán por exemplo domingo é pronunciado [d̪o̞ˈmĩŋɡo̞].

Presenza no galego

En lingua galega, alén do -n- antes de /g/ e /k/ , por exemplo en domingo ou áncora, o son nasal velar correspóndese en galego coa pronuncia do -nh- en unha, algunha, ou do -n final en camión, avión.

En castelán, tanto europeo como de América Latina o -n final correspóndese co /n/ e non co ene velar, salvo cando é pronunciado con acento fonético doutras linguas.

Algunhas palabras de orixe galego-portuguesa na lingua xaponesa ou coreana conservan o ene velar final, por exemplo 빵 (pan) é pronunciado /ppaŋ/.

Representación

O símbolo deste son no Alfabeto Fonético Internacional é ŋ, e o seu símbolo equivalente X-SAMPA é N. O símbolo AFI é a n minúscula cun gancho esquerdo que sobresae da parte inferior dereita da letra.

Características

  • O seu modo de articulación é oclusivo, o que significa que se produce ao obstruír o fluxo de aire no aparello vocal.
  • O seu punto de articulación é velar, o que significa que se articula co dorso da lingua contra o padal brando.
  • O tipo de fonación é sonora, o que significa que as cordas vocais vibran durante a articulación.
  • É unha consoante nasal, o que significa que permite que o aire escape polo nariz.
  • é unha consoante central, o que significa que se produce deixando que a corrente de aire flúe polo medio da lingua en lugar dos lados .
  • O mecanismo do aire é egresivo, o que significa que se articula expulsando o aire dos pulmóns a través do aparello vocal.

O ene velar en diversas linguas

LinguaPalabraAFISignificadoGraos
alemánlang[laŋ]'Lonxe'
castelán [1]domingo[d̪o̞ˈmĩŋɡo̞]'domingo'
catalán [2]sang[saŋ]'sangue'
chinéscantonés/ ngong[ŋɔːŋ˩]'levantarse'
mandarín北京Běijīng[peɪ˨˩ tɕiŋ˥˥]'Pequín'
coreano / bang

빵 / ppang

[paŋ] ;

[ppaŋ]

'sala de estar'

; 'pan'

danéssang[sɑŋˀ]'canción'
filipino tagalongayon[ˈŋajon]'agora, hoxe'
galegounhaman[ˈuŋa][maŋ]
gregoαποτυγχάνω[aˌpo̞tiŋˈxano̞]"Fallarei"
húngaroing[iŋɡ]'camisa'
indonesiobangun[baŋun]'espertar'
ingléssing[sɪŋ]'cantar'
italiano [3]anche[ˈaŋke]'tamén'
lingua xaponesa (variantes)Patrón南極/ nankyoku[naŋkʲokɯ]'Polo Sur'
Dialectos orientais [4]/ kagi[kaŋi]'chave'Nasalización de [g]
neerlandés [5]angst[ɑŋst]'medo'
tailandésาน[ŋaːn]'traballo'
vietnamitaưng[ɯŋ]'aceptar'

Notas

Véxase tamén

🔥 Top keywords: