Natxo González

adestrador de fútbol español

José Ignacio "Natxo" González Sáenz, nado en Vitoria o 29 de xullo de 1966, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español.

Natxo González
Información persoal
NomeJosé Ignacio González Sáenz
Nacemento29 de xullo de 1966 (57 anos)
Lugar de nacementoVitoria
Posicióncentrocampista
Carreira xuvenil
Ariznabarra
Aurrerá
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1985–1986Alegría
Adestrador
1999–2000Alavés B
2005–2006Reus
2008–2011Sant Andreu
2012–2013Alavés
2014–2017Reus
2017–2018Zaragoza
2018–2019Deportivo da Coruña
2019–2020Tondela
2020–2021Bolívar
2022Málaga
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

O 11 de xuño de 2017 firmou polo Real Zaragoza, en Segunda División, un contrato por dúas temporadas.[1]

O 15 de xuño de 2018 anunciouse un acordo entre o adestrador (daquela técnico do Real Zaragoza) e o Deportivo da Coruña, para facerse cargo do equipo durante a tempada 2018–19, con opción a outra.[2] Foi presentado o 20 de xuño.[3] O 7 de abril de 2019 foi destituído, logo dunha derrota en Riazor fronte o Rayo Majadahonda (0–2). A súa bagaxe foi de 13 vitorias, 15 empates e 5 derrotas.[4] O seu substituto foi José Luis Martí.[5]

O 14 de xuño de 2019 fíxose oficial a súa fichaxe polo CD Tondela, da Primeira Liga portuguesa, por dúas campañas.[6] O 5 de agosto de 2020 desvinculouse do club, a falta dunha campaña máis, tras conseguir a permanencia.[7][8]

O 13 de decembro de 2020 converteuse no novo técnico do Club Bolívar boliviano. O 23 de maio de 2021 foi destituído, tras a eliminación do equipo da Copa Suramericana.[9]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas