Nucleósido
Base nitroxenada | Nucleósido | Desoxinucleósido |
---|---|---|
Adenina | Adenosina A | Desoxiadenosina dA |
Guanina | Guanosina G | Desoxiguanosina dG |
Timina | 5-metiluridina m5U | Timidina dT |
Uracilo | Uridina U | Desoxiuridina dU |
Citosina | Citidina C | Desoxicitidina dC |
Un nucleósido é base nitroxenada (pode ser unha pirimidina ou unha purina) unida por un enlace covalente (enlace N-glucósidico entre o carbono 1 da pentosa e o nitróxeno ) na base púrica e o 1 na base pirimidínica) a un azucre de 5 átomos (pentosa) de carbono, ribosa ou desoxirribosa.
Exemplos de nucleósidos son a citidina, uridina, adenosina, guanosina, timidina e a inosina.
Os nucleósidos poden combinarse cun grupo fosfórico (ácido fosfórico: H3PO4)mediante determinadas quinases da célula, producindo nucleótidos, que son os compoñentes moleculares básicos do ADN e o ARN.
Os nucleósidos poden ser de dous tipos, dependendo da pentosa que conteñan:
- Ribonucleósidos: a pentosa é a ribosa.
- Desoxirribonucleósidos: a pentosa é a 2-desoxirribosa.
🔥 Top keywords: