O Diário de um Mago
O diário de um mago,[1] tamén escrito O Diário de um Mago,[2] é un libro escrito polo brasileiro Paulo Coelho. Publicouse en 1987 por Companhia das Letras, editouse en 150 países e traduciuse a 40 idiomas. Considerada unha das obras máis importantes do autor, en 2017 reeditouna a editorial Paralela e mantense entre os libros máis vendidos de Paulo Coelho.
O diário de um mago | |
---|---|
Autor/a | Paulo Coelho |
Lingua | lingua portuguesa |
Tema(s) | Peregrinación a Santiago de Compostela |
Data de pub. | 1987 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
Somos muito bloqueados pelas necessidades de respostas, e o mundo não está aí para responder. A magia é a ponte entre o visível e o invisível, mas é preciso ousar atravessá-laPaulo Coelho
A partir da súa peregrinación de tres meses a Santiago de Compostela, Paulo Coelho constrúe unha parábola que trata sobre a necesidade de atopar o propio camiño, en parte historia de aventuras, en parte guía de autodescubrimento. O diario dun mago foi o libro que abriu o camiño á novela O alquimista.
Publicación
O Diario de um mago publicouse en 1987 e reeditouse en varias ocasións, sendo o último lanzamento realizado polo selo Paralela da Editora Companhia das Letras en xullo de 2017.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- "O diário de um mago". Companhia das letras (en portugués).