Oficina Internacional de Pesos e Medidas

A Oficina Internacional de Pesos e Medidas (BIPM, polas súas siglas en francés, Bureau International des Poids et Mesures) é unha organización intergobernamental,[1][2] coordinadora mundial da metroloxía. A súa sede está localizada en Saint-Cloud, nos arredores de París.

Modelo:Xeografía políticaOficina Internacional de Pesos e Medidas
Imaxe

Localización
Mapa
 48°49′44″N 2°13′10″L / 48.829, 2.219562°13′10″L / 48.829, 2.21956
Poboación
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación20 de maio de 1875 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de

Páxina webbipm.org… Editar o valor em Wikidata
Oficina Internacional de Pesos e Medidas, Pavillon de Breteuil en Saint-Cloud, Francia.

Historia

A BIPM creouse o 20 de maio de 1875, trala sinatura da convención do metro, tratado entre 59 estados membros.[3]

Ten a súa sede no Pavillon de Breteuil en Saint-Cloud, Francia, lugar de 4,35 hectáreas (orixinalmente 2,52 ha)[4] cedido polo goberno francés en 1876. Dende 1969 o Pavillon de Breteuil está considerado territorio internacional e a BIPM ten todos os dereitos e privilexios concedidos a unha organización intergobernamental.[5] O status foi aclarado posteriormente polo decreto francés número 70-820 do 9 de setembro de 1970.[4]

Funcións

A BIPM ten a orde de achegar as bases para un sistema de medidas único e coherente en todo o mundo, identificable co Sistema Internacional de Unidades. Esta misión toma formas diferentes, dende a divulgación directa das unidades á coordinación mediante comparacións dos estándares de medida nacional, como no caso da electricidade.

O principal traballo da BIPM inclúe:[6]

  • Actividades científicas e técnicas levadas a cabo nun dos seus catros departamentos: química, radiación, metroloxía e tempo.
  • Traballos de comunicación e coordinación.
  • Programas de transmisión do coñecemento.
  • Fontes que proporcionan bases de datos e publicacións para metroloxía internacional.

A BIPM ten un papel importancia no mantemento da hora en todo o mundo. Combina, analiza e calcula os estándares do tempo atómico oficial dos países membros arredor do mundo para crear un tempo universal coordinado (UTC) único e oficial.[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: