Oftalmoloxía
A oftalmoloxía (do grego ofthalmos "ollo" e logos "estudo") é a especialidade médica que estuda as enfermidades do ollo e os seus tratamentos, así como ó coidado e mantemento da vista. Como disciplina, tamén é aplicada na veterinaria, xa que as diferenzas entre os ollos humanos e os do resto dos animais adoitan estar relacionadas coa anatomía, non cos procesos patolóxicos.
Os especialistas en oftalmoloxía son os oftalmólogos, que diagnostican as posibles doenzas mediante diferentes probas para poder establecer o tratamento adecuado:
- Cirúrxico: en casos como glaucoma, catarata, hipermetropía, miopía...;
- Médico: en diferentes procesos infecciosos, alérxicos ou inflamatorios, nos que se utilizan tratamentos farmacolóxicos;
- Óptico: consistente na exploración do ollo para determinar a graduación necesaria en lentes.
Véxase tamén
Outros artigos
- Optometría
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
🔥 Top keywords: