Operación Mincemeat

A Operación Mincemeat ou Carne moída foi un exitoso plan de contrainformación nun contexto de espionaxe británico posto en marcha durante a Segunda guerra mundial.

Cadáver de Glyndwr Michael, a quen fixeron pasar polo inexistente oficial W. Martin cos documentos falsos para enganar os mandos nazis.

Desenrolo

Como parte dos plans xerais da Operación Barclay para disfrazar os preparativos para a invasión de Italia (Operación Husky) desde África do Norte, a Mincemeat axudou a convencer ao Alto Mando do Heer alemán de que os aliados pretendían invadir Grecia e Sardeña en 1943 en lugar de Sicilia, que era o verdadeiro obxectivo. Isto conseguiuse enganando aos alemáns dicindo que interceptaran accidentalmente documentos confidenciais que detallaban os plans aliados. Os documentos foron unidos a un cadáver, tirado deliberadamente pola borda para ser levado pola forza das ondas até a praia de Punta Umbría, Huelva, contando que a España franquista trasladaría eses documentos aos nazis, como así aconteceu.[1][2][3]

Na literatura e no cine

  • En 1956, Ronald Neame dirixiu o filme The Man Who Never Was baseado no libro homónimo de Montagu.
  • En 2021, John Madden dirixiu un filme británicobaseado no libro de Ben Macintyre sobre a operación, que leva por título Operation Mincemeat.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

----

 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: