Os luns ó sol

filme de 2002 dirixido por Fernando León de Aranoa

Os luns ó sol (en castelán: Los lunes al sol) é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros. Esta foi produción rodada principalmente entre A Coruña e Vigo, sendo estreada en 2002. Obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios Premios Mestre Mateo e varios premios Goya. Foi galardoado co Premio Mestre Mateo ó mellor filme na 1ª edición dos premios.

Os luns ó sol
Ficha técnica
Título orixinalLos lunes al sol
DirectorFernando León de Aranoa
ProdutorElías Querejeta
GuiónFernando León de Aranoa
Ignacio del Moral
IntérpretesJavier Bardem
Luís Tosar
José Ángel Egido
Nieve de Medina
MúsicaLucio Godoy
FotografíaAlfredo Fernández Méndez
MontaxeNacho Ruiz Capillas
Estrea27 de setembro de 2002
Duración113 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama
Orzamento3 354 000 €
Recadación9 772 087,24 € (España),[1] 9 832 663 $ (mundial) ~ 10,5 millóns €
Na rede
IMDB: tt0319769 Filmaffinity: 487418 Allocine: 48920 Rottentomatoes: m/mondays_in_the_sun Mojo: mondaysinthesun Allmovie: v275244 TCM: 448187 Metacritic: movie/mondays-in-the-sun TV.com: movies/mondays-in-the-sun Netlix: 60027595Editar o valor em Wikidata

Sinopse

O escenario desta película é unha cidade costeira de Galiza. Os protagonistas son un grupo de amigos que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Personaxes

Celso Bugallo.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

AnoCategoríaReceptorResultado
1ª ediciónMellor filmeElías QuerejetaGañador
Mellor actorLuís TosarGañador
Mellor actor secundarioCelso BugalloGañador
Mellor actor secundarioJosé Ángel EgidoNomeado

Goya

  • Unión de Actores:
    • Premio ó mellor actor protagonista para Javier Bardem.
    • Premio ó mellor actor de repartimento para Joaquín Climent.
    • Premio á mellor actriz secundaria e revelación para Nieve de Medina.
    • Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
    • Nomeamentos ó mellor actor revelación e secundario para José Ángel Egido.
  • Premio Sant Jordi ó mellor actor español para Luís Tosar.
  • Festival de San Sebastián:
    • Cuncha de ouro á mellor película.
  • Premio Ondas á mellor película española.
  • Fotogramas de Plata.
    • Premio á mellor película.
    • Premio ó mellor actor de cine para Javier Bardem.
  • Premios do cine europeo:
  • Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos.
  • Premios ACE:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: