Panellinios B.C.

O Panellinios Gymnastikos Syllogos é un club polideportivo grego da cidade de Atenas. A súa sección de baloncesto xoga na terceira categoría do baloncesto grego.

Panellinios G.S.
Información xeral
NomePanellinios Gymnastikos Syllogos
Πανελλήνιος Γυμναστικός Σύλλογος
LigaESKA B
Fundación1929
Cores          Azul, branco
Localización
CidadeGrecia Atenas, Grecia
PavillónPanellinios Indoor Hall
Capacidade1.700
Campionatos
Liga6 (1929, 1939, 1940, 1953, 1955, 1957)
www.panelliniosac.gr

Historia

Fundado a finis do século XIX, orixinariamente foi un club de ximnasia. Varios dos seus ximnastas participaran nos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna en Atenas 1896 coma Sotirios Athanasopoulos, Nikolaos Andriakopoulos, Petros Persakis, Thomas Xenakis, entroutros. Posteriormente créase unha sección de baloncesto que destacou moito durante os primeiros anos do baloncesto grego, gañando seis campionatos de liga os anos 1929, 1939, 1940, 1953, 1955 e 1957.

Últimos anos

O club é propiedade do multimillonario empresario grego Minos Kyriakou, presidente do Comité Olímpico Grego, coñecido no seu país por ter varios problemas coa xustiza, e quen en 2010 decidiu levarse o equipo dende Atenas á localidade de Lamia, no centro do país, despois de 81 anos na capital grega (dende a súa fundación). Só un ano despois, ó remate da tempada 2010-11, o Comité de Deportes Profesionais grego retiroulle a licenza profesional ó club, feito que lle impide competir na A1 Ethniki, de xeito que o equipo foi degradado dende a máxima categoría do baloncesto grego a categorías de afeccionados.

Palmarés

Véxase tamén

Ligazóns externas