Parlamento de Navarra

O Parlamento Foral de Navarra ou Cortes de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Parlamentua) é o órgano lexislativo da Comunidade Foral de Navarra. O Parlamento foi creado polo Amelloramento de 1982, supuxo a democratización das institucións existentes ata entón.

Edificio do Parlamento Foral de Navarra.

Historia

Desde a súa creación e durante o franquismo, seguira existindo a Deputación Provincial de Navarra tal como foi definida na Lei de Modificación de Fueros de 1841, composta por sete deputados, elixidos por meiriñados.

Existía desde 1898 un órgano asesor en materias financeira e de administración municipal: o Consello Foral Administrativo. En 1978 UCD, para democratizar as institucións forais, propuxo que o Consello Foral estivese integrado por 119 conselleiros, 50 elixidos por sufraxio universal e 60 polos concellos, aos que se engadirían os cinco deputados ao Congreso e os catro senadores elixidos en Navarra. Exercería funcións normativas e elixiría aos membros da Deputación. Finalmente o Amelloramento establece a institución do Parlamento ou Cortes de Navarra no artigo 10 e regúlao nos artigos do 11 ao 22.

É a institución lexislativa da Comunidade, os seus membros son elixidos por sufraxio universal, para un período de catro anos e non deben ser menos de 40 nin máis de 60 (actualmente son 50). Os parlamentarios contan con foro de inviolabilidade polos votos e opinións emitidos no desenvolvemento das súas funcións.

Funcións

Sede

O edificio do Parlamento atópase situado no rehabilitado edificio da Antiga Audiencia, Primeiro Ensanche, no Paseo de Sarasate de Pamplona. Anteriormente estivo situado no Palacio da Deputación Foral de Navarra, situado no mesmo paseo e enfrontado a este.

Composición

O Parlamento está composto por 50 parlamentarios elixidos por sufraxio universal.A X Lexislatura do Parlamento de Navarra comezou o 19 de xuño de 2019 coa celebración da sesión constitutiva da cámara onde tomaron posesión os 50 parlamentarios electos nos comicios de maio do mesmo ano.

Grupos parlamentarios e agrupacións no Parlamento de Navarra

NomeEscanosCandidaturaVoceiro/aLíder
G.P. Navarra Suma20 Navarra SumaJosé Javier Esparza
G.P. Partido Socialista de Navarra11 Partido Socialista de NavarraRamón AlzórrizMaría Victoria Chivite (P)
G.P. Geroa Bai9 Geroa BaiUxue Barkos
G.P. EH Bildu Nafarroa7 Euskal Herria BilduBakartxo Ruiz
A.P.F. Podemos-Ahal Dugu2 PodemosMikel Buil
G.P. Mixto–Izquierda-Ezkerra1 Izquierda-EzkerraMaría Luisa de Simón

Presidentes

A presidencia do parlamento sempre estivo en mans de Unión del Pueblo Navarro (UPN) ou do Partido Socialista de Navarra (PSN) ata 2015. Ningún presidente estivo máis dunha lexislatura no cargo.

Presidentes do Parlamento de Navarra
LexislaturaPresidente/aPartidoMandato
Parlamento ForalVíctor Manuel Arbeloa Muru PSN-PSOE1979-1983
I lexislaturaBalbino Bados Artiz UPN1983-1987
II lexislaturaJavier Gómara Granada UPN1987-1991
III lexislaturaJavier Otano Cid PSN-PSOE1991-1995
IV lexislaturaLola Eguren Apesteguía PSN-PSOE1995-1999
V lexislaturaJosé Luis Castejón Garrués PSN-PSOE1999-2003
VI lexislaturaRafael Gurrea Induráin UPN2003-2007
VII lexislaturaElena Torres Miranda PSN-PSOE2007-2011
VIII lexislaturaAlberto Catalán Higueras UPN2011-2015
IX lexislaturaAinhoa Aznárez Igarza Podemos2015-2019
X lexislaturaUnai Hualde Iglesias Geroa Bai2019-2023

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: