Paul Erdős

matemático húngaro

Paul Erdős (húngaro: Erdős Pál [ɛrdøːʃ ˈpaːl], nado en Budapest o 26 de marzo de 1913[2] e finado en Varsovia o 20 de setembro de 1996 foi un matemático húngaro, considerado un dos máis prolíficos do século XX.[3] Foi coñecido tanto pola súa práctica social das matemáticas (tivo máis de 500 colaboradores) e como pola súa excéntrica vida (a revista Time describiuno como o excéntrico dos excéntricos).[4]

Infotaula de personaPaul Erdős

Erdős en Budapest, 1992.
Nome orixinal(hu) Erdős Pál Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1913
Budapest (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte(20 de setembro de 1996 (83 anos)
Varsovia Polonia Polonia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério judaico da Rua Kozma (pt) Traducir, 17A-6-29 47°28′47″N 19°10′41″L / 47.47966, 19.17803 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVarsovia (–1996)
Estados Unidos de América (1938–)
Manchester (1934–)
Israel
Hungría
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeHúngaro
Grupo étnicoAsquenací Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd
Tese académicaÜber die Primzahlen gewisser arithmetischer Reihen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1934 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseLipót Fejér Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemática
Ocupaciónmatemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTechnion (pt) Traducir, Professor visitante (pt) Traducir (1954–1996)
Universidade de Notre Dame (pt) Traducir (1952–1954)
Universidade de Purdue (pt) Traducir (1943–1945)
Institute for Advanced Study (1938–1940)
Victoria University of Manchester (en) Traducir (1934–1938) Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosGeorge B. Purdy (pt) Traducir, Alexander Soifer (pt) Traducir e Terence Tao Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua húngara e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoBonifac Donat
Joseph Kruskal
George B. Purdy
Alexander Soifer
Béla Bollobás[1]
Familia
Cónxuxesen valor
PaiLajos Erdős (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Wolf Prize (1983/84)
AMS Cole Prize (1951)

IMDB: nm0258818 WikiTree: Erdős-31 Find a Grave: 110929426 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Erdős naceu en 1913 e foi o único fillo sobrevivente de Anna e Lajos Erdős (antes Engländer).[5] Os seus pais eran profesores de matemáticas xudeus e formaban parte dunha intensa comunidade intelectual. A fascinación de Erdos polas matemáticas iniciouse moi cedo[6] e en 1934, con vinte e un anos, recibiu un doutoramento da universidade.

Moita da familia de Erdos, incluíndo o seu pai, dúas das súas tías e dous dos seus tíos, faleceron en Budapest durante o Holocausto. A súa nai sobreviviu agochada e el vivía en América, traballando no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.[7]

O 20 de setembro de 1996, aos 83 anos, sufriu un infarto de miocardio e morreu mentres asistía a unha conferencia en Varsovia. Está enterrado xunto á súa nai na tumba 17A-6-29 no cemiterio da rúa Kozma en Budapest.[8]

Carreira

En 1934 mudouse a Manchester como profesor invitado e en 1938 aceptou un posto na Universidade de Princeton. Nese tempo desenvolveu o costume de viaxar de campus a campus. En 1952 o servizo de inmigración dos Estados Unidos denegoulle un visado de reentrada no país por razóns que non foron explicadas.[9]

Counter-clockwise from left: Erdős, Fan Chung e o seu marido Ronald Graham no Xapón, 1986

A pesar de que Hungría formaba parte do Pacto de Varsovia e tiña limitada a liberdade dos seus cidadáns para entrar e saír do país, Erdős recibiu o privilexio de poder marchar e volver en 1956. En 1963 os Estados Unidos proporcionáronlle o visado e Erdős volveu incluír as universidades dese país nas súas viaxes. Erdős abandonou voluntariamente Hungría en 1973.[10]

Obra matemática

Erdős foi un dos autores máis prolíficos das matemáticas, cunha obra só comparable á de Leonhard Euler; Erdős publicou máis artigos, sobre todo en colaboración con outros matemáticso, mentres que Euler publicou máis páxinas, a maioría obra propia.[11] Erdős escribiu 1525 artigos matemáticos na súa vida.[12]

O seu estilo foi máis un "solucionador de problemas" que un "desenvolvedor de teorías".[13] Segundo Joel Spencer "o seu lugar no panteón matemático do século XX é motivo de controversia porque se concentrou firmemente en certos teoremas e conxecturas ao longo da súa ilustre carreira".[14] Erdős nunca gañou a medalla Fields nin escribiu con ninguén que a gañase.[15]

Entre as súas contribucións destacan o desenvolvemento da teoría de Ramsey e a aplicación do método probabilístico. Erdős atopou unha proba para o postulado de Bertrand e descubriu a primeira proba elemental para o teorema do número primo con Atle Selberg. Porén, as circunstancias que conduciron ás demostracións foron motivo de disputa entre Erdős e Selberg.[16] Erdős tamén contribuíu en campos nos que tiña pouco interese como a topoloxía, dando o primeiro exemplo de espazo totalmente inconexo que non é cero-dimensional.[17]

Os problemas de Erdős

Paul Erdős co matemático Terrence Tao cando este tiña dez anos (1985). Tao recibiu a medalla Fields en 2006.

Durante a súa carreira, Erdős ofreceu cartos para as demostracións de problemas con solución descoñecida.[18] A cantidade ía dende os 25 dólares a varios milleiros. Considérase que hai uns miles sen pagar, aínda que non hai unha lista oficial. A oferta permanece activa a pesar da morte de Erdős, e ten a Ronald Graham como o administrador informal.[19] O problema máis coñecido é a conxectura de Collatz ou problema 3N + 1, para o que ofreceu 500 dólares.

Número de Erdős

Debido a que era un autor tan prolífico, os seus amigos crearon o número de Erdős como homenaxe. Un número de Erdős indica o grao de separación con Erdős baseado na súa colaboración con el ou con alguén que teña un número de Erdős. Hai aproximadamente 200000 matemáticos con número.[20] Debido ás súas colaboracións con matemáticos, moitos científicos doutros campos, como a física, a enxeñería, a bioloxía e a economía tamén teñen número de Erdős.[21] Mesmo o xogador de béisbol Hank Aaron pode considerarse que ten un número de Erdős de 1 porque ambos os dous autografaron a mesma bóla cando a Universidade de Emory lles concedeu un grao honorario o mesmo día.[22]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: