Phaeothamniophyceae

Phaeothamniophyceae
Clasificación científica
Dominio:Eukaryota
(sen clasif.)SAR
Superfilo:Heterocontófita
Filo:Ochrophyta
Clase:Phaeothamniophyceae
R. A. Andersen & J. C. Bailey, 1998
Order
  • Aurearenales
  • Phaeothamniales
Sinonimia
  • Aurearenophyceae Kai et al. 2008 emend. Cavalier-Smith 2013
  • Aurophyceae

Phaeothamniophyceae é unha clase de algas douradas-amarronadas dos heterocontófitos.[1][2][3]

Estes protistas aparecen como cocoides, capsoides, formando pseudofilamentos ou filamentos e son propios de augas doces ou salobre.[4]

A súa parece celular adoita ser laminada e con vesículas densas en electróns pegadas a ela desde o interior. Teñen mitocondrias con cristas tubulares e cloroplastos con, ás veces, microcompartimentos chamados pirenoides. Cada célula ten dúas membranas de retículos endoplasmáticos de cloroplastos. Con iso, a membrana do cloroplasto é continua coa membrana exterior da membrana nucleolar. Os cloroplastos teñen lamelas estreitas. O DNA do cloroplasto aparece en forma de anel. Cada célula adoita ter entre 2 e 4 plastidios. Nas células con capacidade motil, uns flaxelos plumosos saen dos laterais e un flaxelo, liso pero con filamentos laterais, sae da parte apical. Almacenan, entre outros, lípidos en vacúolos contráctiles.[4]

Os pigmentos da fotosíntese que presentan son as clorofilas a e c, a fucoxantina, heteroxantina, diadinoxantina e o β-caroteno.[4]

Descoñécese se se reproducen de xeito sexual. A súa reprodución asexual consiste na división celular, na formación de autosporas non móbiles ou na formación de zoospora con dous flaxelos. Cando se dá a división celular prodúcese por eleuteroscise, isto é, a escisión da parede da célula parental tras unha separación. As zoosporas teñen flaxelos laterais, igualmente.[4]

Os Phaeothamniophyceae están preto das xantofítas e feófitos. Clasificáronse dentro da mesma clase ata o 1998.

Clasificación

  • Clase Phaeothamniophyceae Andersen & Bailey 1998
    • Orde Aurearenales Kai et al. 2008
      • Familia Aurearenaceae Kai et al. 2008
        • Xénero Aurearena Kai et al. 2008
    • Orde Phaeothamniales Bourrelly 1954 emend. Andersen & Bailey 1998
      • Familia Phaeosaccionaceae
        • Xénero Phaeosaccion Farlow 1882
      • Familia Phaeothamniaceae Hansgirg 1886 [Stichogloeaceae Lemmermann 1899; Chrysapiaceae]
        • Xénero Apistonema Pascher 1925
        • Xénero Chrysapion Pascher & Vlk 1943
        • Xénero Chrysocapsopsis Thompson & Wujek 1998
        • Xénero Chrysoclonium Pascher 1925
        • Xénero Chrysodesmis Starmach 1970
        • Xénero Chrysodictyon Ramanathan 1947
        • Xénero Koinopodion Pascher 1943
        • Xénero Nematochrysis Pascher 1925
        • Xénero Phaeogloea Chodat 1922
        • Xénero Phaeoschizochlamys Lemmermann 1898
        • Xénero Phaeothamnion Lagerheim 1884
        • Xénero Podochrysis Magne 1975
        • Xénero Selenophaea Chodat 1922
        • Xénero Sphaeridiothrix Pascher & Vlk 1943
        • Xénero Stichogloea Chodat 1897
        • Xénero Tetrachrysis Dop 1980

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas