Phyllobates terribilis

Especie de anfibio

Phyllobates terribilis
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Amphibia
Orde:Anura
Familia:Dendrobatidae
Xénero:Phyllobates
Especie:Phyllobates terribilis
Myers, Daly & Malkin, 1978[2]

A Phyllobates terribilis,[3] é unha especie de ra velenosa endémica da costa pacífica de Colombia. Este anfibio está considerado o vertebrado máis tóxico do mundo.[4] O seu hábitat son as selvas húmidas dos departamentos de Chocó, Cauca e Valle del Cauca na costa pacífica de Colombia e Panamá na rexión selvática de Darién.[5] O hábitat óptimo da P. terribilis son os bosques húmidos con alta taxa de choiva (5000 mm ou máis), altitude entre 100 e 200 m, temperaturas de polo menos 26 °C e humidade relativa entre 80 % e 90 %.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dumbacher, J.P., Wako, A., Derrickson, S.R., Samuelson, A., Spande, T.F., and Daly, J.W (2004). Melyrid beetles (Choresine): a putative source for the batrachotoxin alkaloids found in poison-dart frogs and toxic passerine birds. Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America, 101, 15857–15860.
  • Myers, Daly, and Malkin, 1978, Bulletin of the American Museum of Natural History 161: 313.