Platecarpus

xénero de réptiles

Platecarpus
Rango fósil: Cretáceo Superior

Esqueleto de Platecarpus coryphaeus no Museo Real de Ontario.
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Sauropsida
Orde:Squamata
Suborde:Scleroglossa
Familia:Mosasauridae
Subfamilia:Plioplatecarpinae
Xénero:''Platecarpus''
Cope, 1869
Especie tipo
''Platecarpus tympaniticus''
Cope, 1869
Sinonimia
  • Platecarpus coryphaeus
  • Platecarpus ictericus

Platecarpus ("Pulso chan") é un xénero extinto de lagartos acuáticos pertencentes á familia dos mosasauros, que viviu hai 84–81 millóns de anos, dende mediados do Santoniano até comezos do Campaniano, no período Cretáceo superior. Atopáronse fósiles nos Estados Unidos e un posible espécime en Bélxica e África.[1] Un espécime ben conservado de Platecarpus permitiu coñecer que se alimentaba de peixes de tamaño medio,[2] e teorizouse sobre se tamén se alimentaba de téutidos e amonitas.[1] Ó igual que outros mosasauros, críase que nadaba ó estilo das anguias, malia que hai estudos que suxiren que o seu estilo de natación podería terse asemellado máis ó dos tiburóns. Un espécime excepcionalmente ben preservado de P. tympaniticus coñecido como LACM 128319 amosa impresións da pel, os pigmentos nas fosas nasais, os tubos bronquiais e a presenza dunha extremo na cola, o que demostra que el e outros mosasauros non tiñan necesariamente un método de natación similar a anguías, senón que eran máis poderosos e rápidos nadadores. Este exemplar atópase no Museo de Historia Natural do Condado dos Ánxeles.[2]

Notas