Pobos pigmeos

grupos étnicos africanos cuxa altura é infrecuentemente curta

En antropoloxía, os pobos pigmeos[1] son grupos étnicos cuxa altura mediana é infrecuentemente curta. O termo pigmeísmo é empregado para describir o fenotipo da estatura baixa endémica (en oposición ó ananismo desproporcionado que ocorre en casos illados nunha poboación) nas poboacións humanas nas que o varón adulto mide menos de 150 cm de altura.[2]

Os pigmeos aka na conca do río Congo en 2014.

O termo é asociado principalmente ós pigmeos africanos, pobos cazadores-recolectores da conca do río Congo (que inclúen os bambenga, os mbuti e os batwa).[3] O termo "pigmoide" é unha categoría racial tradicional para os pigmeos de África central, considerada un subgrupo da categoría negroide.[4] O termo "pigemos asiáticos" foi usado para describir as poboacións de "negritos das sueste marítimo de Asia e outros pobos austroloides de baixa estatura.[5]

O pobo taron de Myanmar é un caso excepción de poboación "pigmea" do fenotipo mongoloide.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: