Presidente da República Popular da China

Xefe de Estado da China

O Presidente da República Popular da China é o xefe de Estado da República Popular da China.

Presidente da República Popular da China
中华人民共和国主席
Titular
Xi Jinping
Dende o 14 de marzo de 2013

Designado porAsemblea Popular Nacional da República Popular da China
Nomeado porPresidium da Asemblea Nacional
Duración5 anos, renovable
Creación27 de setembro de 1954
Primeiro titularMao Zedong

Segundo a constitución do país, a presidencia é un cargo cunhas funcións en gran parte cerimoniais con poderes limitados.[1][2][3] É elixido pola Asemblea Popular Nacional para un mandato de cinco anos. O cargo está oficialmente considerado como unha institución do Estado máis que un posto administrativo. O Presidente actual é Xi Jinping, que tomou posesión do cargo en marzo de 2013.[4]

Dende 1993, excepto en breves períodos de transición, os presidentes ocuparon ao mesmo tempo o cargo de Secretario Xeral do Partido Comunista da China e de comandante en xefe do exército (como Presidente da Comisión Militar Central).

O cargo foi creado co establecemento da Constitución da República Popular da China en 1954 e foi ostentado sucesivamente por Mao Zedong e Liu Shaoqi. Liu caeu en desgraza política durante a Revolución Cultural e o cargo foi ocupado interinamente por Soong Ching-ling e Dong Biwu ata que foi abolido baixo a Constitución de 1975. Foi máis tarde restabelecido coa Constitución de 1982, mais con poderes reducidos.

Entre 1982 e 2018, a constitución estipulou que o presidente non podería exercer máis que dous mandatos consecutivos. Durante a era Mao e na actualidade dende 2018, non hai límites de mandatos.[5]

Requisitos e elección

Segundo a actual Constitución da República Popular da China, o Presidente ten que ser un cidadán chinés en posesión de todos os seus dereitos electorais e con máis de 45 anos.

O Presidente é elixido pola Asemblea Popular Nacional da República Popular da China (APNRPC), o corpo estatal máis alto da China, o cal tamén ten o poder de destituír o Presidente e outros cargos estatais. Os nomeamentos e destitucións son decididos por un voto de maioría simple.[6]

Segundo a Lei Orgánica da APNRPC, o Presidente é nomeado polo Presidium da APNRPC, o órgano executivo do Congreso.

En caso de que o cargo de Presidente quede vacante, o Vicepresidente sucédeo no cargo. En caso de que ambos os dous fiquen vacantes, o presidente da APNRPC actuará temporalmente como presidente até que a APNRPC poida elixir novos Presidente e Vicepresidente.[7]

Antes de marzo de 2018, o Presidente e o vicepresidente tiñan limitados a dous os seus mandatos consecutivos, pero estes límites foron eliminados na Asemblea Nacional Popular en 2018.[8]

Poderes e deberes

Baixo a constitución actual, establecida en 1982 con revisións menores en anos posteriores, o Presidente ten o poder de promulgar leis, seleccionar e destituír o primeiro ministro así como os ministros do Consello de Estado, outorgar indultos, declarar o estado de emerxencia, ordenar mobilización masivas, e conceder honras estatais. Ademais, o Presidente nomea e destitúe embaixadores en países estranxeiros, asina e anula tratados con entidades estranxeiras. Segundo a Constitución, todos estes poderes requiren da aprobación ou confirmación da APNRPC. Como a maioría de poderes presidenciais están subordinados á ratificación da APNRPC, o Presidente é, en esencia, un posto simbólico sen unha función directa no exercicio do poder. Está por tanto concibido principalmente como unha institución simbólica do Estado máis que un cargo con poderes executivos reais.[9]

Lista de xefes de Estado

Presidentes

Outros xefes de Estado

Estatísticas

#PresidenteData de nacementoIdade ao acceder ao cargo

(primeiro mandato)

Tempo no cargo (total)Idade ao deixar o cargo

(último mandato)

Data de morteLonxevidade
1Mao Tse Tung26 de decembro de 189360 anos, 275 días4 anos, 212 días64 anos, 122 días9 de setembro de 197682 anos, 258 días
2Liu Shaoqi24 de novembro de 189860 anos, 154 días9 anos, 187 días69 anos, 342 días12 de novembro de 196970 anos, 353 días
Presidencia vacante
InterinoDong Biwu5 de marzo de 188688 anos, 318 días2 anos, 327 días88 anos, 318 díasabril 197589 anos, 28 días
InterinoSoong Ching-ling27 de xaneiro de 1893)83 anos, 161 días1 anos, 242 días85 anos, 37 díasmaio 198185 anos, 37 días
Presidencia abolida
3Li Xiannian23 de xuño de 190973 anos, 360 días4 anos, 295 días78 anos, 290 días21 de xuño de 199282 anos, 364 días
4Yang Shangkun3 de agosto de 190780 anos, 250 días4 anos, 352 días85 anos, 236 días14 de setembro de 199891 anos, 42 días
5Jiang Zemin17 de agosto de 1926)66 anos, 222 días9 anos, 353 días76 anos, 210 díasVive97 anos e 256 días
6Hu Jintao21 de decembro de 194260 anos, 84 días10 anos, 0 días70 anos, 84 díasVive81 anos e 130 días
7Xi Jinping15 de xuño de 195359 anos, 272 días11 anos e 46 díasPresenteVive70 anos e 319 días

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: