Raduga (satélites)

Raduga é unha serie de satélites de comunicacións civís e militares soviéticos e posteriormente rusos.[1]

Características

Os satélites Raduga foron os primeiros satélites de comunicación en órbita xeoestacionaria da Unión Soviética. Despois dos Raduga orixinais chegaron varias series melloradas.[1]

Raduga

Os Raduga orixinais, tamén coñecidos como Gran, estaban deseñados para transmitir comunicacións militares, gobernamentais e civís. Usaban o bus KAUR-3, tiñan unha masa duns 2000 kg e estabilizábanse nos tres eixos usando propulsores de propelente líquido. A alimentación eléctrica corría a cargo de paneis solares cunha superficie total de 25 m2 que producían ata 1280 W de potencia. Os satélites levaban varios transpondedores en banda C. Lanzáronse 35 en total, con tres fallos, entre 1975 e 1999, a bordo de foguetes Proton K/DM e Proton K/DM-2.[2]

Raduga-1

Os Raduga-1 foron os sucesores mellorados dos Raduga orixinais. Tamén se denominaban como Globus. Usaban seis transpondedores en banda C e tiñan unha masa de 2320 kg. Lanzáronse oito entre 1989 e 2009, todos con éxito, a bordo de Proton K/DM-2.[3]

Raduga-1M

Os Raduga-1M eran unha versión mellorada dos Raduga-1. Ademais de transpondendores en banda C levaban a bordo transpondedores en banda L, banda X e banda Ka. Traballaban conxuntamente cos satélites Meridian para dar un servizo global. Tiñan unha masa de 2300 kg e lanzáronse tres entre 2007 e 2013 usando foguetes Proton M/Briz-M.[4]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2][3][4]Data de lanzamento[1][2][3][4]Foguete lanzador[1][2][3][4]Notas[1][2][3][4]
Raduga 122 de decembro de 1975Proton K/DMÉxito
Raduga 211 de setembro de 1976Proton K/DMÉxito
Raduga 323 de xullo de 1977Proton K/DMÉxito
Raduga 418 de xullo de 1978Proton K/DMÉxito
Raduga 525 de abril de 1979Proton K/DMÉxito
Raduga 620 de febreiro de 1980Proton K/DMÉxito
Raduga 75 de outubro de 1980Proton K/DMÉxito
Raduga 818 de marzo de 1981Proton K/DMÉxito
Raduga 930 de xullo de 1981Proton K/DMÉxito
Raduga 109 de outubro de 1981Proton K/DMÉxito
Raduga 1126 de novembro de 1982Proton K/DMÉxito
Raduga (12)24 de decembro de 1982Proton K/DMFallo
Raduga 128 de abril de 1983Proton K/DMÉxito
Raduga 1325 de agosto de 1983Proton K/DMÉxito
Raduga 1415 de febreiro de 1984Proton K/DMÉxito
Raduga 1522 de xuño de 1984Proton K/DMÉxito
Raduga 168 de agosto de 1985Proton K/DMÉxito
Raduga 1715 de novembro de 1985Proton K/DMÉxito
Raduga 1817 de xaneiro de 1986Proton K/DMÉxito
Raduga 1925 de outubro de 1986Proton K/DMÉxito
Raduga 2019 de marzo de 1987Proton K/DMÉxito
Raduga 2110 de decembro de 1987Proton K/DM-2Éxito
Raduga 2220 de outubro de 1988Proton K/DM-2Éxito
Raduga 2314 de abril de 1989Proton K/DM-2Éxito
Raduga-1 121 de xuño de 1989Proton K/DM-2Éxito
Raduga 2415 de decembro de 1989Proton K/DM-2Éxito
Raduga 2515 de febreiro de 1990Proton K/DM-2Éxito
Raduga 2620 de decembro de 1990Proton K/DM-2Éxito
Raduga-1 227 de decembro de 1990Proton K/DM-2Éxito
Raduga 2728 de febreiro de 1991Proton K/DM-2Éxito
Raduga 2819 de decembro de 1991Proton K/DM-2Éxito
Raduga 2925 de marzo de 1993Proton K/DM-2Éxito
Raduga 3030 de setembro de 1993Proton K/DM-2Éxito
Raduga-1 35 de febreiro de 1994Proton K/DM-2Éxito
Raduga 3118 de febreiro de 1994Proton K/DM-2Éxito
Raduga 3228 de decembro de 1994Proton K/DM-2Éxito
Raduga 3319 de febreiro de 1996Proton K/DM-2Fallo parcial
Raduga (34)5 de xullo de 1999Proton K Briz-MFallo
Raduga-1 428 de febreiro de 1999Proton K/DM-2Éxito
Raduga-1 528 de agosto de 2000Proton K/DM-2Éxito
Raduga-1 66 de outubro de 2001Proton K/DM-2Éxito
Raduga-1 727 de marzo de 2004Proton K/DM-2Éxito
Raduga-1M 19 de decembro de 2007Proton M/Briz-MÉxito
Raduga-1 828 de febreiro de 2009Proton K/DM-2Éxito
Raduga-1M 228 de xaneiro de 2010Proton M/Briz-MÉxito
Raduga-1M 311 de novembro de 2013Proton M/Briz-MÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos