Rexións autónomas da República Popular da China

Unha rexión autónoma (en chinés: 自治区, pinyin: zìzhìqū) é unha división administrativa da China de primeiro nivel. Ó igual que as provincias chinesas, unha rexión autónoma ten o seu propio goberno local, pero unha rexión autónoa ten máis dereitos lexislativos. Unha rexión autónoma é unha entidade que ten unha alta poboación dun grupo étnico minoritario en particular.

Rexións autónomas da China.

A rexión da Mongolia Interior foi estabelecida en 1947; Xinjiang fíxose autónoma en 1955; Guangxi e Ningxia en 1958, e o Tíbet en 1965. A designación de estabelecer Guangxi e Ningxia como áreas autónomas dos pobos zhuang e hui, respectivamente, foi moi protestada polos han, que representan dous terzos da poboación en cada rexión. Malia que os mongois supolían aínda menos porcentaxe de poboación en Mongolia Interior, a Guerra civil chinesa deu pouca oportunidade para protestar.[1]

Lista de rexións autónomas

MinoríaNome en galegoChinés simplificado
Pinyin
Nome local
Romanización (Lingua)
AbreviaciónCapital
ZhuangGuangxi广西壮族自治区
Guǎngxī Zhuàngzú Zìzhìqū
Gvangjish Bouxcuengh Swcigih (zhuang)
Guì
(GZAR)
Nanning
(南宁; Nanzningz)
MongoisMongolia Interior内蒙古自治区
Nèi Měnggǔ Zìzhìqū
ᠦᠪᠦᠷ ᠮᠣᠩᠭᠤᠯ ᠤᠨ ᠥᠪᠡᠷᠲᠡᠭᠡᠨ ᠵᠠᠰᠠᠬᠣ ᠣᠷᠣᠨ
Öbür mongγol-un öbertegen zasaqu orun (mongol)
內蒙古
Nèi Měnggǔ
(IMAR)
Hohhot
(呼和浩特; ᠬᠥᠬᠡᠬᠣᠲᠠ)
TibetanosTíbet
(Rexión Autónoma de Xizang)
西藏自治区
Xīzàng Zìzhìqū
བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས།
Poi Ranggyong Jong (tibetano)

Zàng
(TAR)
Lhasa
(拉萨; ལྷ་ས།)
UiguresXinjiang新疆维吾尔自治区
Xīnjiāng Wéiwú'ěr Zìzhìqū
شىنجاڭ ئۇيغۇر ئاپتونوم رايونى
Xinjang Uyĝur Aptonom Rayoni (uigur)

Xīn
(XUAR)
Ürümqi
(乌鲁木齐; ئۈرۈمچی)
HuiNingxia宁夏回族自治区
Níngxià Huízú Zìzhìqū
Os hui falan chinés
Níng
(NHAR)
Yinchuan
(银川)

Demografía

Composición étnica

Composición étnica das rexións autónomas das en datos porcentuais (2000).

RexiónGrupo étnico titularHanTerceiro grupo étnico
Xinjiang (Uigur)45,21%40,58%6,74% (Casacos)
Tíbet (Tibetanos)92,8%6,1%0,35% (Hui)
Mongolia Interior (Mongois)17,13%79,17%2,14% (Manchú)
Ningxia (Hui)33,9%65,5 %1,16% (Manchú)
Guangxi (Zhuang)32,0%62,0 %3,0% (Yao)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: