Rinaldo Fioramonte Martino

futbolista arxentino

Rinaldo Fioramonte Martino tamén coñecido como Mamucho Martino, nado o 6 de outubro de 1921 en Rosario (Provincia de Santa Fe e finado o 15 de novembro de 2000 en Buenos Aires foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.

Rinaldo Martino
Información persoal
NomeRinaldo Fioramonte Martino
Nacemento6 de outubro de 1921
Lugar de nacementoRosario
Falecemento15 de novembro de 2000
Lugar de falecementoBuenos Aires
PosiciónCentrocampista
Carreira xuvenil
Club Peñarol
Club Belgrano
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1941–1948 CA San Lorenzo233(142)
1949-1950Italia Juventus FC33(18)
1950Uruguai Nacional18(10)
1951 CA Boca Juniors15(3)
1952Uruguai Nacional12(5)
1950Uruguai CA Cerro4(1)
Selección nacional
1942-1947 Arxentina20(15)
1949Italia Italia1(0)
Na rede
Find a Grave: 14590872 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de decembro de 2013.
Selección: actualizado a 10 de setembro de 2013.editar datos en Wikidata ]

A Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) incluíuno entre os 24 futbolistas arxentinos que integran o Salón da Fama.

Traxectoria

Comezou xogando en equipos do seu Rosario natal, primeiro o Club Peñarol e despois o Club Belgrano. En 1941 fichou polo San Lorenzo de Almagro. Pese a non xogar como home máis adiantado tiña unha gran capacidade goleadora, sendo o máximo anotador do campionato arxentino de 1942.

Co equipo de Almagro gañou o título de liga en 1946 e realizou unha xira por Europa ese mesmo ano.

A finais dos anos 40 fichou polo Juventus FC italiano, co que acadou o título da Serie A, e incluso chegou a xogar coa Selección de fútbol de Italia[1]. De volta en América xogou no Club Nacional de Football, co que tamén gañou o título. Tras un breve paso por Boca Juniors volveu a Nacional para ser campión outra vez.

En 1953 fichou polo CA Cerro, onde se retirou.

Formou parte da Selección de fútbol da Arxentina entre 1942 e 1947 sendo campión da Copa América en dúas ocasións, 1945 e 1946. Na primeira delas anotou un gol histórico ante Uruguai ante o porteiro Roque Máspoli, que se considera como un dos máis notábeis da historia do fútbol suramericano, e que foi bautizado no seu momento coma o gol de América.

Palmarés

Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAno
Primeira División da ArxentinaSan Lorenzo Arxentina1946
Serie A Juventus FCItalia1949/50
Primeira División do UruguaiNacional Uruguai1950
Primeira División do UruguaiNacional Uruguai1952

Copas internacionais

TítuloSedeEquipoAno
Copa América ChileSelección de fútbol da Arxentina1945
Copa América ArxentinaSelección de fútbol da Arxentina1946

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas