Robert Kalina

deseñador de billetes austríaco

Robert Kalina, nado en Viena o 29 de xuño de 1955, é un deseñador gráfico austríaco, vinculado ao Banco Nacional de Austria.

Infotaula de personaRobert Kalina
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador , deseñador gráfico Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

Robert Kalina graduouse en 1975 no Instituto Superior de Deseño Gráfico e Investigación e só un ano despois pasou a formar parte do cadro de persoal do banco nacional do seu país, onde comezou a súa carreira de deseñador de billetes cos seus proxectos para as emisións en xilins do seu país en 1982. A partir dese ano foi o autor dos deseños de todos os billetes emitidos por Austria ata 2002.[1]

Como artista autor da proposta presentada pol Banco Nacional de Austria, resultou gañador en 1996 da competición para elixir o deseño da primeira serie dos billetes de euro que empezarían a circular o 1 de xaneiro de 2002. A elección do seu proxecto entre os 44 participantes produciuse no consello do Instituto Monetario Europeo do 3 de decembro de 1996.[2] A súa proposta rompeu coa tradición de representar persoeiros de relevancia histórica e aplicou motivos vinculados á historia da construción europea a través de pontes, portas e fiestras en diferentes estilos arquitectónicos característicos de todo o continente, como metáfora do espírito de apertura, unión e cooperación da Unión Europea.[3][4]

En 2013 realizouse un redeseño destes billetes, para o BCE escolleu un deseñador independente, o alemán Reinhold Gerstetter, que non variou a esencia dos deseños iniciais de Kalina.[5][6]

A Kalina débenselle tamén os deseños doutros billetes de diversos países, como os acerbaixanos con valor facial en manats, a serie de Libia de 2010 con valor en libras, e o billete de 200 marcos convertibles da serie de 2002 de Bosnia e Hercegovina, cunha ponte no reverso que lembra os da serie de euros do mesmo ano.[7]

En 2011, Kalina xubilouse como empregado do Banco Nacional de Austria.[8]

Premios

  • Cruz de Honra das Ciencias e as Artes de Austria (1ª clase).
  • 2011: Medalla de Ouro polos Servizos Prestados á República de Austria.
  • 2017: Premio do título de Berufstitels Professor.[9]

Galería de deseños de Robert Kalina

Billetes en xilins austríacos

Billetes de Acerbaixan en manats

Billetes en euros

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: