Manat acerbaixano

unidade monetaria de Acerbaixán
Para a moeda de Turkmenistán, véxase Manat turcomán.

Manat acerbaixano
'Azərbaycan manatı en azarí
Serie de moedas do
manat acerbaixano

Billete dun
manat acerbaixano

Código:AZN
Ámbito: Acerbaixán
Símbolo:₼, m, man
Fracción:100 qəpik
Moedas:1, 3, 5, 10, 20 e 50 qəpik.
Billetes:1, 5, 10, 20, 50, 100, 200 manat.
Emisor:Banco Central da República de Acerbaixán.
Taxa de troco:
20-4-2020 [1]
1 EUR = 1,84 AZN
1 USD = 1,7 AZN
Troco actual

O manat acerbaixano (código: AZN; símbolo: ₼) é a unidade monetaria de Acerbaixán desde 2006.

O seu código ISO 4217 é AZN desde o 1 de xaneiro de 2006, e ata esa data era AZM) e como símbolo escolleuse unha especie de letra m estilizada (úsase tamén "m" ou "man").

Subdivídese e 100 qəpik como moeda divisionaria, fracción que non se utilizou entre 1993 e 2005 por mor da forte inflación, mais que se introduciu novamente o 1 de xaneiro de 2006.[2][3]

Etimoloxía

O termo manat tomouse do persa munāt e do ruso Монета, vocábulos que en ambos os casos proceden da palabra latina moneta, de onde deriva tamén a nosa "moeda". Manat foi, así mesmo, a palabra coa que se designou o rublo soviético tanto na lingua azarí como na turcomá.[3][4]

Primeiro manat (1919-1923)

A República Democrática de Acerbaixán e a súa sucesora, a República Socialista Soviética de Acerbaixán, emitiron a súa propia moeda entre 1919 e 1923. Esa primeira unidade monetaria recibiu o nome de manat (منات) en azarí e de rublo (рубль) en ruso, e nos billetes a denominación da moeda aparecía en ambos os idiomas e, nalgúns casos, tamén en francés. O manat substituíu o primeiro rublo transcaucásico á par e foi, pola súa vez, substituído polo segundo rublo transcaucásico, logo de que Acerbaixán se convertese en parte da República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica. Non se emitiron subdivisións e o manat, nesta etapa, só se emitiu en forma de billete.[5]

Billete de 100 manats acerbaixanos (rublos) de 1921

Billetes

A República Democrática de Acerbaixán emitiu billetes cos valores nominais de 25, 50, 100, 250 e 500 manats, en tanto que a República Socialista Soviética de Acerbaixán puxo en circulación billetes de 5, 100, 1.000, 5.000, 10.000, 25.000, 50.000, 100.000, 250.000, 1 millón e 5 millóns de manats.[5]

Segundo manat (1992-2006)

O segundo manat foi introducido o 15 de agosto 1992. O seu código ISO 4217 era AZM e instituíuse en substitución do rublo soviético, cunha taxa de cambio de 10 rublos por 1 manat.[6]

Desde principios de 2002 ata principios de 2005, o tipo de cambio mantívose bastante estable, e só variou dentro dunha banda de 4.770 a 4.990 manats por dólar. Mais a partir da primavera de 2005 comezou a producirse un lixeiro pero constante incremento do valor do manat fronte ao dólar; a razón máis probable foi o aumento do fluxo de Petrodólares cara ao país, xunto co prezo xeralmente alto do petróleo no mercado mundial. A finais de 2005, un dólar valía 4.591 manats. En consecuencia, os billetes de menos de 100 manats desapareceran da circulación en 2005, do mesmo xeito que socedera xa anos antes coas moedas divisionarias expresadas en qəpik.[6]

Moedas

Correspondentes a esta segunda época do manat emitíronse moedas divisionarias con valores de 5, 10, 20 e 50 qəpik, datadas en 1992 e en 1993. Aínda que se utilizou o níquel e o latón para algunha destas cuñaxes en 1992 (e, nalgúns casos, en 1993), as derradeiras emisións foron en aluminio. Estas moedas tiveron moi pouca circulación.

ImaxeValorMetalDiámetroGrosorPesoAno
5 qəpik [7]Bronce171,352,401992
5 qəpik [8]Aluminio17,11,50,851993
10 qəpik [9]Aluminio18,61,61,011992
20 qəpik [10]Bronce201,453,231992
20 qəpik [11]Aluminio20,11,51,151992

1993

50 qəpik [12]Níquel231,55,21992
50 qəpik [13]Aluminio231,61,451992

1993

Billetes

Estes son os billetes emitidos durante a segunda etapa do manat acerbaixano.[14]

ImaxeValor nominalDimensiónCorDescriciónEmisión
AnversoReversoAnversoReverso
1 manat [15]125 × 63 mmGris/rosaTorre da Doncela (Bakú)Ornamentos1992
1 manat [16]125 × 63 mmAzul/amareloTorre da Doncela (Bakú)Ornamentos1993
5 manat [17]125 × 63 mmRosa/grisTorre da Doncela (Bakú)Ornamentos1993
10 manat [18]125 × 63 mmVerdeTorre da Doncela (Bakú)Ornamentos1992
10 manat [19]125 × 63 mmGrisTorre da Doncela (Bakú)Ornamentos1993
50 manat [20]125 × 63 mmVermelloTorre da Doncela (Bakú)Ornamentos1993
100 manat [21]125 × 63 mmVermello/azulTorre da Doncela (Bakú)Ornamentos1993
250 manat [22]125 × 63 mmAzulTorre da Doncela (Bakú)Ornamentos1992
centro|120x120px
500 manat [23]125 × 63 mmMarrón/amareloNezamí GanyabíOrnamentos1993
1.000 manat [24]125 × 63 mmMarrón/azulMammed Amin RasulzadeOrnamentos1993
1.000 manat [25]125 × 63 mmAzulRefinaríaOrnamentos2001
10.000 manat [26]130 × 63 mmGranatePalacio dos ShirvanshahOrnamentos1994
50.000 manat [27]132 × 66 mmAzulMausoleo de Momine KhatumOrnamentos1995

Terceiro manat (desde 2006)

O 1 de xaneiro de 2006 implantouse unha nova xeración do manat, con código ISO 4217 e que se coñece como "manat moeda nacional". A taxa de cambio co anterior manat foi dun dos novos por 5.000 dos antigos. A partir do 1 de outubro de 2005, os prezos xa se indicaban en ambas as moedas, para lle facilitar a transición á poboación. Coa nova moeda reintroducíronse no sistema as moedas con valores expresados en qəpik, que desapareceran da circulación xa en 1993, por mor da inflación.[3][28]

Símbolo

Símbolo do manat acerbaixano

Tanto os novos billetes desta etapa do manat acerbaixano como o seu símbolo (₼) foron deseñados en 2006 por Robert Kalina, o deseñador austríaco que se encargou tamén da creación da primeira serie de billetes de euro. O símbolo engadiuse ao estándar Unicode (U+20BC) en 2013, logo dalgunhas tentativas sen éxito en 2008 e en 2011.[29] O símbolo inspirouse no do euro (€), baseado nunha proposta inicial de Mykyta Yevstifeyev, e lembra este símbolo xirado 90º en sentido horario.[3][30]

Moedas

As moedas en circulación son as de 1, 3, 5, 10, 20 e 50 qəpik. A maioría delas lembran, tanto no deseño como no seu tamaño, as moedas do euro, en particular a moeda bimetálica de 50 qəpik (similar á de 2 euros) e a de 10 qəpik (cun deseño coñecido como "flor española", similar á de 20 céntimos de euro). As moedas puxéronse en circulación en xaneiro de 2006 e non amosan o ano de cuñaxe nin de emisión.[3][31]

ImaxeValor nominalParámetros técnicosDescrición
AnversoReversoDiámetroPesoAliaxeCantoAnversoReverso
1 qəpik16,25 mm2,8 gAceiro con baño de cobre.Liso.Mapa de Acerbaixán, nome do país e valor.Instrumentos musicais tradicionais e valor.
3 qəpik18 mm3,45 gLiso con fenda.Libros e pluma, e valor.
5 qəpik19,75 mm4,85 gEstriado.Torre da Doncela (Bakú) e valor.
10 qəpik22,25 mm5,1 gAceiro bañado de latón.Liso con sete amosegas ("flor española").Casco antigo de Nagorno-Karabakh e valor.
20 qəpik24,25 mm6,6 gEstriado a segmentos.Escaleira, símbolos xeométricos e valor.
50 qəpik25,5 mm7,7 gCentro: aceiro bañado en latón. Aro: aceiro inoxidable.Estriado con lenda: AZƏRBAYCAN RESPUBLIKASIPozos petrolíferos e valor.

Billetes

Os billetes postos en circulación teñen os valores de 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 manats. O seu deseñador, Robert Kalina, é autor non só destes billetes e dos do euro, senón doutros correspondentes aos sistemas da libra siria, o marco convertible bosníaco ou o antigo xilin austríaco. Os billetes teñen certas semellanzas cos do euro e os criterios de elección dos seus motivos inspiráronse nos dos billetes da Eurozona.[3][32]

En 2009 o Banco Nacional de Acerbaixán (Azərbaycan Milli Bankı) cambiou o seu nome polo de Banco Central da República de Acerbaixán (Azərbaycan Respublikasının Mərkəzi Bankı). En 2010 emitiuse o billete dun manat que xa reproducía esta nova denominación do banco emisor, ao que se lle sumou en 2012 o de 5 manats. En 2017 emitiuse un billete de 100 manats que, datado en 2013, aínda que coa nova denominación do banco emisor.[3]

En 2011 o Ministerio de Facenda de Acerbaixán anunciou que estaba a considerar a emisión de billetes con valores de 2 e de 3 manats, así como outros con valores superiores ao de 100 manats.[33] En febreiro de 2013, o Banco Central da República de Acerbaixán anunciou a posta en circulación de billetes dun valor máis alto que o dos existentes.[34] Non foi ata 2018 cando se introduciu o novo billete de 200 manats, conmemorativo do 95 aniversario do expresidente acerbaixano Heydər Əliyev.[3][35]

ImaxeValor nominalDimensiónCorDescriciónEmisión
AnversoReversoAnversoReverso
1 manat [36]120 × 70 mmGrisInstrumentos musicais tradicionais.Mapas e ornamentos.2005

2009

2017

5 manat [37]120 × 70 mmLaranxaEscritores e libros acerbaixanos e extracto do himno nacional.Mapas e ornamentos. Debuxos rupestres ce Gobustan.2005

2009

2017

10 manat [38]134 × 70 mmVerde azuladoRepresentación do antigo BakúMapas e ornamentos.2005

2018

20 manat [39]141 × 70 mmVerdeSímbolos de poder: espada, casco e escudo.Mapas e ornamentos. Símbolo da paz (harybulbul)2005
50 manat [40]148 × 70 mmAmareloXuventude e símbolos de progreso, coñecemento e ciencia.Mapas e ornamentos.2005
100 manat [41]155 × 70 mmVioletaPadróns arquitectónicos desde a Antigüidade e símbolo ₼.Mapas e ornamentos2005

2013

200 manat [42]160 × 70 mmAzulArquitectura moderna: centro Heydar Aliyev (Bakú).Mapas e ornamentos2018

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: