STEREO

STEREO, acrónimo de Solar Terrestrial Relations Observatory, é unha misión espacial para o estudo do Sol formada por dous observatorios espaciais lanzados o 26 de outubro de 2005 mediante un foguete Delta 7925 desde Cabo Cañaveral.[1][2]

Unha das naves STEREO.

Características

STEREO é a terceira misión do Programa de Sondas Terrestres e Solares da NASA. Consta de dúas naves duns 620 kg cada unha denominadas STEREO A e STEREO B que están situadas na mesma órbita da Terra pero unha adiantada e a outra atrasada para poder observar o Sol desde dous puntos de vista distintos simultaneamente. As naves teñen un deseño case idéntico por redundancia e foron lanzadas a bordo do mesmo foguete. Levan a bordo os seguintes instrumentos:[1][2]

  • O conxunto de instrumentos SECCHI (Sun-Earth Connection Coronal and Heliospheric Investigation), consistente nunha cámara ultravioleta, dous coronógrafos para luz branca e unha cámara heliosférica, para estudar a evolución tridimensional das execcións de masa coroal.
  • IMPACT (In situ Measurements of PArticles and CME Transients), para a medición dos electróns do vento solar, os campos magnéticos interplanetarios e as partículas solares enerxéticas.
  • PLASTIC (PLAsma and SupraThermal Ion Composition), para o estudo dos procesos do vento solar coroal e o vento solar heliosférico, a medición de protóns, electróns e partículas alfa e ións pesados.
  • STEREO/WAVES: un experimento para a medición de ondas de radio desde o Sol ata a Terra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: