Gardacostas de Galicia

(Redirección desde «Servizo de Gardacostas de Galicia»)

O Servizo de Gardacostas de Galicia, tamén coñecido de modo extraoficial como Gardacostas de Galicia, é o organismo encargado de velar pola garda costeira, vixilancia pesqueira, busca e salvamento e protección do medio mariño nas augas da comunidade autónoma de Galicia, España. Depende directamente da Consellería do Mar por medio da Subdirección Xeral de Gardacostas.

Gardacostas de Galicia
Escudo dos Gardacostas de Galicia.
Información xeral
Formación21 de abril de 2004
PrecedenteServizo de Busca e Salvamento (1990)
XurisdiciónEntre outras: Actividade marisqueira e pesqueira en Galicia.
Sede centralSar, 75 - 15703 Santiago de Compostela
Empregados239
Medios aéreos: 18 pilotos, 9 operadores de guindastre, 9 rescatadores, 10 técnicos de mantemento e 1 administrativo.
Sitio web
gardacostas.xunta.gal

A súa fundación coma corpo de gardacostas data do ano 2004, a raíz da promulgación da Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia.[1] O corpo de gardacostas naceu a partir de servizos que xa estaban a funcionar Galicia, como eran o Servizo de Vixilancia Pesqueira e o Servizo de Busca e Salvamento. No servizo traballan 239 persoas (incluído persoal colaborador doutras empresas),[2] entre eles 112 axentes[3] e conta con 2 helicópteros, 19 embarcacións, 60 vehículos e 3 camionetas.[4]

Historia

Dende a promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, a comunidade autónoma de Galicia dispón de exclusividade en competencias de materia de pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura, e de desenvolvemento e execución da lexislación española en materia de ordenación do sector pesqueiro.[5]

En base a esas competencias, o Parlamento de Galicia aprobou a súa primeira normativa en materia pesqueira, a Lei 5/1985, de 11 de xuño, de sancións en materia pesqueira, marisqueira e de cultivos mariños. Esta normativa, quedaría posteriormente derogada pola Lei 6/1991, de 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros, que sentaría as bases para a creación do Servizo de Inspección e Vixilancia pesqueira.[6]

O mesmo tempo, en abril do ano 1990, a Consellería de Pesca, creou o Servizo de Busca e Salvamento, co obxectivo de «mellorar a calidade de vida do pescador galego». A necesidade da creación dun servizo de busca e salvamento propio naceu a raíz dos numerosos accidentes marítimos nas costas de Galicia, e na falta dun servizo de salvamento a nivel estatal, xa que non sería ata dous anos máis tarde cando nacese a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima. Este servizo constituíuse coma o primeiro deste tipo en España, e o segundo en Europa, sendo pioneiro no emprego de medios aéreos civís para as misións de salvamento.[7]

Tras unha década dende a creación destes dous servizos, estimouse necesaria a creación dunha estrutura única, tendo en conta a nova situación socioeconómica do sector e do tráfico marítimo. En 2004 promulgouse a Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia,[1] que englobaba todas estas funcións.

IP-601 «Punta Roncadoira» en Celeiro.
IP-700 «Paio Gómez Chariño» en Vigo.
O «Sebastián de Ocampo» en Viveiro.
O buque «Irmáns García Nodal» en Vigo.

Unidades de intervención

Para a realización das súas tarefas, o Servizo de Gardacostas de Galicia dispón de distintos medios marítimos e aéreos. Dentro das unidades marítimas dispón dun total dun buque remolcador, o Sebastián de Ocampo, un buque de salvamento e inspección marítima, o Irmáns García Nodal, e varias embarcacións de patrulla. As unidades aéreas están formadas por dous helicópteros Sikorsky S-76, mais un terceiro helicóptero para cubrir as paradas de mantemento.

Unidades marítimas

Embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia
CódigoNomeAnoEstadoBaseObservacións
IP-601Punta RoncadoiraEn servizoViveiroEmbarcación da Clase Rodman-58.
IP-208Os CairosEn servizoViveiroEmbarcación tipo Zodiac.
IP-309A MirandaEn servizoFerrol
IP-120Serra do GaliñeiroEn servizoA Coruña
IP-303Illa ViontaEn servizoA Coruña
IP-600Punta FestiñazoEn servizoMuxíaEmbarcación da Clase Rodman-58.
Illas SisargasEn servizoMuxíaEmbarcación tipo Zodiac
IP-117Punta FaladoiraEn servizoPorto do Son
IP-312Illa de OnzaEn servizoPorto do Son
IP-123María de PazosEn servizoRibeira
IP-118Pena ForcadasEn servizoRibeira
IP-311Illas MalveirasEn servizoRibeira
IP-112XistralEn servizoRibeira
GaivotiñaEn servizoRibeiraExhibición e ás veces Inspección
IP-122Serra do FaroEn servizoVilagarcía de Arousa
IP-308Illa de CortegadaEn servizoVilagarcía de Arousa
IP-119Pena TrevincaEn servizoPontevedra
IP-209María FigueroaEn servizoPontevedraEmbarcación tipo Zodiac
IP-121Serra do CaurelEn servizoPontevedra
IP-111Serra do BarbanzaEn servizoVigo
IP-310Illa de San SimónEn servizoVigo
Valentín Paz AndradeEn servizoVigoBuque Escola e Inspección
IP-700Paio Gómez ChariñoEn servizoItineranteEmbarcación da Clase Rodman-101
Sebastián de Ocampo2005En servizoItineranteBuque remolcador
Irmáns García Nodal2005En servizoItineranteEmbarcación de inspección e salvamento
Sikorsky S-76 Pesca 1 en Vigo.
Pesca 2 en Viveiro.
Eurocopter Dauphin en Viveiro.

Unidades aéreas

Os medios aéreos do Servizo de Gardacostas de Galicia son dous helicópteros coñecidos como «Pescas», máis un empregado para coberturas de mantemento. Son as sequintes aeronaves:

AeronaveOrixeMatrículaVersiónBaseObservacións
Sikorsky S-76 Estados UnidosEC-JESS-76C+Aeroporto de VigoCoñecido coma Pesca 1. Propiedade da Xunta de Galicia e operado por Helicsa.[8]
Sikorsky S-76 Estados UnidosEC-JETS-76C+Heliporto Costa NorteCoñecido coma Pesca 2. Propiedade da Xunta de Galicia e operado por Helicsa.[9]
Eurocopter Dauphin FranciaEC-HIMAS-365N-2 Dauphin 2Heliporto Costa NorteBaseado en Viveiro para coberturas. Unidade alugada a Helicsa. Anteriormente operou dende a mesma base, antes de ser substituído polo Sikorsky S-76.[10]

Tamén, con anterioridade, outros modelos de helicópteros foron empregados coma medios aéreos do Servizo de Gardacostas de Galicia coma «Pescas»:

AeronaveOrixeMatrículaVersiónsBaseObservacións
Eurocopter Dauphin FranciaEC-HCLAS-365N-2 Dauphin 2Aeroporto de VigoEmpregado coma Pesca 1.[11]
Agusta-Bell 212 Italia/ Estados UnidosEC-FBMAB-212Heliporto Costa NorteEmpregado coma Pesca 2.[12]
Agusta-Bell 212 Italia/ Estados UnidosEC-FBLAB-212Aeroporto de VigoEmpregado coma Pesca 1.[13]
Agusta-Bell 412 Italia/ Estados UnidosEC-GSKAB-412Aeroporto de VigoEmpregado coma Pesca 1.[14]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos