Shang Yang

Shang Yang (chinés tradicional e simplificado: 商鞅; pinyin: Shāng Yāng; Wade-Giles: Shang1 Yang1), nado en Wey[1] (reino Zhou) arredor de 390 a.C. e finado en 338 a.C., tamén coñecido como Wei Yang (衛鞅) e orixinalmente apelidado Gongsun (公孫), foi un filósofo e político chinés. Foi un destacado estudoso legalista.[1] Foi un estadista e reformador do estado de Qin durante o período dos Reinos Combatentes da antiga China. As súas políticas supuxeron os fundamentos administrativos e políticos que permitirían aos Qin a conquistar toda a China, unificando o país por primeira vez e establecendo a dinastía Qin. El e os seus seguidores contribuíron ao Libro do Señor Shang, obra fundacional do que modernamente se chamou legalismo.[2]

Infotaula de personaShang Yang

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento390 a. C. Editar o valor em Wikidata
Wei (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte338 a. C. Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Xianyang (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeWei (pt) Traducir
Qin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , filósofo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Shang Yang naceu como o fillo dunha concubina da familia gobernante do estado Wey (衛). O seu apelido (氏, nome da liñaxe) era Gongsun e o seu nome persoal Yang. Como membro da familia Wey, tamén foi coñecido como Wei Yang.[3]

De novo, Yang estudou dereito e obtivo un posto co primeiro ministro Shuzuo de Wei (魏[4]). Co apoio do duque Xiao de Qin, Yang abondonou a súa baixa posición con Wei[5] para converterse no conselleiro xefe con Qin. As súas numerosas reformas transformaron o periférico estado de Qin nunha potencia militar e nun reino fortemente centralizado. Os cambios a un sistema legal do estado (que se dicían que estaban baseados no Canon das leis de Li Kui) impulsaron a Qin á prosperidade. Mellorando a administración mediante a énfase na meritocracia, as súas políticas debilitaron o poder dos señores feudais.

En 341 a.C., Qin atacou o estado de Wei. Yang en persoa levaron o exército Qin a vencelo, e finalmente Wei cedeu a terra occidental do río Amarelo a Qin. Polo seu papel na guerra, Yang recibiu quince cidades en Shang como o seu feudo persoal e pasou a ser coñecido como señor Shang (Shang Jun) ou Shang Yang.[6] Segundo os Arquivos do Grande Historiador, con estas conexións persoais mentres servía na corte de Wei, Shang Yang invitou a Gongzi Ang, xeneral de Wei, a negociar un tratado de paz. Segundo Ang chegou, foi tomado prisioneiro, e o exército de Qin atacou, vencendo con éxito os seus opoñentes.[3]

Mark Edward Lewis identificou a súa reorganización do exército como responsable do plan de ordenar as estradas e os campos no norte da China. Isto puido chegar lonxe, mais Yang era máis un reformador militar que un legal.[7] Yang supervisou a construción de Xiangyang.[8]

A escola de pensamento de Shang Yang foi favorecida polo emperador Wu de Han,[9] e John Keay menciona que a figura Tang de Du You foi dirixida por Shang Yang.[10]

Morte

Profundamente odiado pola nobreza Qin,[3] Yang non puido sobrevivir á morte do duque Xiao de Qin. O seguinte gobernante, o rei Huiwen, ordenou a exterminación contra Yang e a súa familia para fomentar a rebelión. Yang previamente humillara o novo duque "provocando que fose castigado por unha ofensa como se fose un cidadán ordinario".[11] Segundo o Zhan Guo Ce, Yang foi esconderse e nun momento Yang tratou de quedar nunha pousada. O don rexeitouno porque ía contra as leis que Yang puxera en marcha admitir un hóspede sen identificación.

Yang foi executado mediante jūliè (車裂, desmembramento mediante cinco carros, gando ou cabalos);[12][13] Toda a súa familia foi executada.[3] A pesar da súa morte, o rei Huiwen mantivo as reformas establecidas por Yang. Consérvanse outras versións alternativas da morte de Yang. Segundo Sima Qian, Yang escapou primeiro a Wei. Porén, aló foi odiado e pola súa anterior traizón a Gongzi Ang e foi expulsado. Yang foi entón ao seu feudo, onde levantou un exército rebelde, mais morreu en combate. Trala batalla, o rei Hui de Qin desmembrou o cadáver de Yang mediante carros como advertencia cara a outros.[3]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: