Sulfuro de hidróxeno

composto químico

O sulfuro de hidróxeno é un gas, máis denso que o aire, de fórmula H2S, incoloro, inflamábel, tóxico, odorífero (o seu olor é o de materia orgánica en descomposición, como de ovos podres).

Sulfuro de hidróxeno
Fórmula esquelética do sulfuro de hidróxeno en 2D
Identificadores
Número CAS7783-06-4
PubChem402
ChemSpider391
UNIIYY9FVM7NSN
Número CE231-977-3
Número UN1053
KEGGC00283
MeSHHydrogen+sulfide
ChEBICHEBI:16136
ChEMBLCHEMBL1200739
Número RTECSMX1225000
Referencia Beilstein3535004
Referencia Gmelin303
3DMetB01206
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecularH2S
Masa molar34,08 g mol−1
AspectoGas incoloro
Olora ovos podres
Densidade1,363 g dm−3
Punto de fusión−82 °C; −116 °F; 191 K
Punto de ebulición−60 °C; −76 °F; 213 K
Solubilidade en auga4 g dm−3 (a 20 °C)
Presión de vapor1740 kPa (a 21 °C)
Acidez (pKa)7,0[2][3]
Basicidade (pKb)6,95
Índice de refracción (nD)1,000644 (0 °C)[4]
Estrutura
Forma da moléculacurvada
Momento dipolar0,97 D
Termoquímica
Entalpía estándar
de formación ΔfHo298
−21 kJ·mol−1[5]
Entropía molar
estándar So298
206 J·mol−1·K−1[5]
Capacidade calorífica, C1,003 J K−1 g−1
Perigosidade
EU Index016-001-00-4
Clasificación da UEExtremadamente inflamable F+ Moi tóxico T+ Perigoso para o medio ambiente (Natureza) N
Frases RR12, R26, R50
Frases SS1/2, S9, S16, S36, S38, S45, S61
NFPA 704
4
4
0
Punto de inflamabilidade-82,4 °C[6]
Temperatura de autoignición232 °C; 450 °F; 505 K
Límites de explosividade4,3–46%
Compostos relacionados
hidróxeno calcoxénidos relacionadosauga
selenuro de hidróxeno
telururo de hidróxeno
polonuro de hidróxeno
Disulfuro de hidróxeno
Sulfanyl
Compostos relacionadosFosfina

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A pesar disto, no organismo humano desempeña funcións esenciais.

O seu punto de ebulición é de 212,86 K.

O sulfuro de hidróxeno denomínase tamén ácido sulfhídrico,[7] porque, cando está en solución acuosa, (H2Saq), é un hidrácido.

Na nomenclatura química a desinencia -uro corresponde aos haluros, é dicir aos sales que non conteñen oxíxeno. Posto que un sal "é un composto iónico formado por un catión distinto de H+ e un anión distinto de OH ou O2—: ácido + base --> sal + auga",[8] a expresión «sulfuro de hidróxeno» resulta estraña, pois implica que o hidróxeno se substitúe a si mesmo.

Para evitarmos esta incongruencia na súa denominación, o H2S poedería considerarse como a solución acuosa (aq na fórmula), é dicir ácido sulfhídrico.

A súa reacción con bases fortes xera sales: os sulfuros.

O ácido sulfhídrico encóntrase naturalmente no petróleo «cru» (non procesado), no gas natural, en gases volcánicos e nalgúns mananciais de augas termais.

Tamén pode existir en augas pantanosas, lagoas ou en augas estancadas, desaugamentos, estanques de fábricas de fariña ou de aceite de peixe, en barcos pesqueiros e en sumidoiros de augas residuais.

Téñense producido mortes en lagos ou lagoas estancadas cando o ácido sulfhídrico burbulla desde as profundidades e alcanza a persoas na superficie. Como este ácido é máis denso que o aire xéranse fraccionamentos por diferenzas de densidade. Xeralmente débese á descomposición anaerobia de restos orgánicos. Así mesmo, xérase en refinarías de petróleo.

O ácido sulfhídrico é un dos compostos destacados como causantes de molestias por malos olores. Por isto desenvolvéronse diversos procesos de desodorización que o eliminan de correntes contaminadas. Exemplos: os tratamentos de gas con aminas na industria e a utilización de nitrato cálcico en augas residuais.

É extremadamente nocivo para a saúde. Bastan 20-50 partes por millón (ppm) no aire para causar un malestar agudo que comporta á asfixia e á morte por sobreexposición. Polo seu grao de toxicidade, está directamente debaixo do ácido cianhídrico (HCN).

É habitual que traballadores do sector portuario sexan afectados con resultados fatais cando entran en adegas que transportaron produtos derivados da pesca. Neste caso, o ácido sulfhídrico provén de proteínas sulfuradas que se degradan e liberan o ácido mencionado.

Notas

🔥 Top keywords: